Arquivo da categoría: Ensaio

Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

1545418115-460_1d35838a-mia-posterGonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Seguir lendo Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

Ritual no galiñeiro

20181209_173705_resizedCarme Toba. O sábado e o domingo, despois de toda a semana de escola, deixábannos durmir un anaco máis entre sabas e cobertores. O xeito rutineiro de sono desaparecía cando nosa avoa nos petaba co mango da vasoira no piso do sobrado que, con aquel resoante “tum-tum”, vibraba no cuarto de arriba.

Espreguizabámonos e vestiámonos argallando as trasnadas do día que tiñamos por diante. Cando baixabamos, a avoa tiña o lume aceso e a pota do caldo fervendo. As cuncas do leite muxido con pan de boroa fumegantes agardábannos na mesa das cales dabamos boa conta. Seguir lendo Ritual no galiñeiro

O amuleto protector de Santa Bríxida

20190128_235328Natividad Rey. Coa chegada do cristianismo foron moitos os deuses pagáns cuxos atributos pasaron a ser cristianizados para difundir culto. Así ocorreu coa deusa celta Brigid que pasou a ser Santa Bríxida mantendo a personalidade antiga. A súa celebración coincide co Imbolc que é unha das catro festividades principais do calendario celta e que a Igrexa adoptou baixo o nome da Candeloria que tamén é o día da Purificación da Virxe, celebrado en toda Galicia o día 2 de febreiro. O Imbolc foi cristianizado coa figura de Santa Bríxida de Irlanda que se celebra o 1 de febreiro, e foi sincretizada (segundo varias investigacións) con atributos de diferentes deusas Seguir lendo O amuleto protector de Santa Bríxida