Natividad Rey. Coa chegada do cristianismo foron moitos os deuses pagáns cuxos atributos pasaron a ser cristianizados para difundir culto. Así ocorreu coa deusa celta Brigid que pasou a ser Santa Bríxida mantendo a personalidade antiga. A súa celebración coincide co Imbolc que é unha das catro festividades principais do calendario celta e que a Igrexa adoptou baixo o nome da Candeloria que tamén é o día da Purificación da Virxe, celebrado en toda Galicia o día 2 de febreiro. O Imbolc foi cristianizado coa figura de Santa Bríxida de Irlanda que se celebra o 1 de febreiro, e foi sincretizada (segundo varias investigacións) con atributos de diferentes deusas pagás, nacidas todas elas da remota mentalidade humana cando se guiaba polas necesidades principais que movían a súa vida: a fertilidade e fecundidade das comunidades agrícolas e gandeiras.
Segundo a lenda desta santa, foi filla de rei Dubhthach, e dunha escrava, bautizada polo bispo san Brandán e alimentada por unha vaca procedente do Alén. Na obra de Geraldo Cambrense “Topographia Hibernica” cóntase que foi abadesa da abadía de Kildare na cal mantiña o lume sacro acendido por dezanove relixiosas que coidaban del sen nunca deixar apagar. Tiñan un gran coidado con non deixar entrar a ningún home ao recinto, protexéndose trala defensa dun cerco de estacas e broza que formaba un círculo. Se algún se atrevía a entrar a Santa descargaba toda a súa furia contra el.
A tradición máis importante relacionada coa Santa era confeccionar as chamadas cruces de Santa Bríxida que segundo a tradición cristiá con ela predicou, inda que é probable que este elemento teña unha orixe anterior. Facíanse entrelazando palla e daban forma de rombos, esvásticas e diferentes entrelazados que semellaban simboloxía de arte celta. Eran conservadas nas casas ou nas cortes do gando como un elemento protector contra o mal. Para confeccionar as cruces había que entrelazar as pallas dende a esquerda á dereita seguindo o sentido do movemento do sol.
Muy interesante todo lo que cuentas, Natividad.
Bernardino de Sahagún, en su “Historia general”, 1576, escribe: “En México hay un montecillo que se llama Tepeyac, y los españoles llaman Tepeaquilla; en este lugar tenían un templo dedicado a la madre de los dioses que llamaban Tonantzin, que quiere decir Nuestra Madre; allí había muchos sacrificios a honra de esta diosa, y venían a ellos de muy lejanas tierras (…); ahora se llama, Nuestra Señora de Guadalupe”.
Ya ves, Natividad, otra diosa pagana cristianizada. Todas estas supersticiones milenarias que nosotros usufructuamos iniciando así ese camino tan estrecho que separa fe de razón, hacen que en el día de hoy, todavía colguemos en el mes de mayo en el coche y en la puerta de nuestras casas “o toxo da envidia”.
Gracias, Natividad, por tu interesantísimo texto.
Besiños palmeiráns.
Gracias por tus palabras Magdalena. Me encanta saber de esos lugares sagrados de la antigüedad y que llegan hasta nuestros días con el cristianismo. Que tengas una bonita tarde, aunque sea con lluvia. Gracias.