Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

107191839Román Arén. Hai un certo número de poetas, autóctonos e foráneos en xeral de raíz católica, que identifican Galicia co Apóstolo Santiago, non só patrón de Galicia, xa que é o patrón de España e de moitas parroquias, mesmo en América. Algúns destes poetas logran ata non citar a Galicia, aínda que sobreentendan que gabar o Apóstolo Iago é gabarnos a nós. O máis famoso dos poemas ao patrón é o de frei Luis de León, pero houbo varios tamén no século XX. Elixo un que apareceu na revista galega <Gelmírez> en 1946 e que esta editou nun “encarte”, “Galopada de tercetos al Señor Santiago”, do rioxano de Haro Antonio de Zubiaurre (1916) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo

Cioran e o progreso

71azIuiW6XLX. Ricardo Losada. Releo con paixón Conversacións, libro de entrevistas con Cioran, un dos filósofos que máis me impactou a primeira vez que o lin. Atopo de novo ducias de reflexións que me fan pensar e que iluminan partes moi profundas e escuras da natureza humana. Pero volvo ter (reléoo con frecuencia) a mesma sensación de sempre. É un filósofo para ler, pero non para pedirlle consello sobre problemas reais. Aínda que dicía ser un apaixonado da filosofía-confesión, e deses filósofos que se toman a si mesmos como casos no sentido clínico da expresión, estou seguro de que se un familiar deprimido lle preguntase que facer, Cioran contestaríalle o mesmo que algún día escribiu Seguir lendo Cioran e o progreso

Unha natureza sen dentes

Vector  nature background with chamomiles and dandelions.Fidel Vidal. Que significa natureza? De primeiras pensamos na bioloxía, no puramente biolóxico, na fisioloxía dos organismos, sen outra manifestación que o seu funcionamento: sen discurso engadido que o relate. Este, o discurso, vai formar parte dunha novidade cualitativa que responde á identificación exclusiva do ser humano como tal. O discorrer do verbo ao que fica enganchado mesmo antes de nacer, como evidencian as palabras expresadas polos seus proxenitores dentro da ilusión dun desexo. Desde ese instante establécense lazos, incluídos os que se apuntan como nomes posibles cos que apadriñar os seus descendentes. Seguir lendo Unha natureza sen dentes