Antón Riveiro Coello. A poboación galega é vella e aínda o vai ser moito máis. Arrepía pensar que volvemos ao número de mortes de 1945 cando a media de idade da mortalidade andaba polos 55 anos e non polos 80 de agora. Non nacen nenos dabondo para lles darmos a volta aos datos da pirámide Seguir lendo Un país á poula
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CVII. Pedro de Padilla
Román Arén. Non se selecciona moito a Pedro de Padilla nas antoloxías, pero o mapa da poesía áurea castelá estaría incompleto sen el, porque foi versificador de amplo rexistro, bo sonetista e que cultivou case todos os subxéneros, sacros e profanos. Nacera en Minares, Xaén, en 1550 ou quizais en 1549, e en 1585 profesou como carmelita calzado. Debeu morrer arredor de 1600 en Madrid. Cervantes, no famoso capítulo do escrutinio no Quixote salvou o seu Thesoro de varias poesías (1580) da queima, aínda que poñendo algunha pexa. A obra, con 360 poemas, tivo unha segunda edición en 1587, ordenada por xéneros. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVII. Pedro de Padilla
Os fielatos, cen anos daquelas casetas de consumos
Manuel Mariño del Río. O fielato ou caseta de consumos era o nome popular que recibiron en España as casetas de cobro dos arbitrios e taxas, impostos sobre o trasfego de mercadorías. O seu nome procedía do fiel ou balanza que se empregaba para a pesada dos produtos e a cobranza das taxas correspondentes. Seguir lendo Os fielatos, cen anos daquelas casetas de consumos
Fermosos vencidos
X. Ricardo Losada. Na Idade Media chamábanlles desafortunadas ás persoas que non conseguían relevancia social; hoxe, por influencia neoliberal, chamámoslles perdedores. Enrique Ocaña prefire chamalos fermosos vencidos. Refírese a si mesmo. Fillo dunha nai bailaora xitana e dun pai da alta burguesía empresarial valenciana, tivo unha infancia e unha adolescencia felices, foi un estudante exemplar toda a vida (na universidade chegou a obter o premio extraordinario de doutoramento), pero aos 45 anos estaba diagnosticado como un politoxicómano bipolar que nunca cumpriu as expectativas que creou ao seu redor. Seguir lendo Fermosos vencidos