Arquivo da categoría: Ensaio

O bico, de Anton Chéjov

el besoIgnacio Castro Rey. Quixo imaxinala durmida. A xanela da alcoba aberta de pau a pau; as verdes ramas que se asomaban a ela; o frescor da mañá; o aroma dos álamos, das lilas e das rosas; unha cama e unha cadeira, e sobre esta o murmurante vestido da noite anterior.

Unha andoriña non fai verán, díxose, pero aquí un só bico accidental -e non precisamente na boca, en contra do que suxire a portada desta edición- cambia durante meses unha vida anódina, arrincándoa do seu tedio e a súa tristeza. Non ser ninguén aparece neste conto de Chéjov a condición para desexalo e soñalo todo, para imaxinalo todo. Seguir lendo O bico, de Anton Chéjov

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVI. Francisco Sá de Miranda

Francisco_sá_de_miranda-1885-bnpRomán Arén. Nos séculos XVI e XVII non foi infrecuente que os poetas portugueses rimasen tamén en castelán, a miúdo glosando cancións populares (vilancetes). Isto ocorreu xa antes do período dos Filipes, cando as dúas coroas estiveron representadas polo mesmo rei. Bastarían os nomes de Gil Vicente e de Luis de Camoes como exemplo, deixando fóra os autores portugueses establecidos na corte española e que empregaron case unicamente o castelán como lingua literaria. A estes nomes ilustres debe unirse o de Francisco Sá de Miranda, que cumpre en Portugal o papel de Juan Boscán en España: introducir a poesía italiana. Miranda naceu en Coímbra arredor de 1480-1481 e morreu en Quinta de Tapada en 1558. Como introdutor da métrica italiana na lingua portuguesa escribiu sonetos, églogas, epístolas e himnos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVI. Francisco Sá de Miranda

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.

la-segunda-salida-de-santa-teresa-de-jesusRomán Arén. Na orixe, o vilancico, que vén de vilán, é unha canción popular, de entre tres e cinco versos, con temática profana que logo os poetas cultos glosan por medio dunha estrutura que parte do mote popular, ao que se engaden as mudanzas, un verso de enlace e un verso de volta ou retrouso que rima co vilancico popular. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.