Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá CI. Unha poeta cubana: Nancy Morejón

2-nancy-morejon-por-miguel-eliasRomán Arén. Nacida na Habana en agosto de 1944, Nancy Morejón é profesora e tradutora, licenciada en 1966 en lingua e literatura francesa, mais tamén poeta, autora de volumes como Mutismos (1962), Amor, ciudad atribuída (1964) e Richard trajo su flauta y otros argumentos (1967), ademais de xornalista e autora de monografías. No ano 2007, no volume colectivo Poetas con Rosalía IV, aparece o seu poema “Rosalía de Castro”:

Mi viejo río/corre ante mis ojos/asustados por tanta historia vieja./Es el río Sar/ante los ojos de Rosalía de Castro,/en su frente una estrella,/en su labio un cantar,/quien me presta los suyos/para volver a comprender nuestro pasado,/oh, viejo río de ópalo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CI. Unha poeta cubana: Nancy Morejón

Noia, refuxio de Berenguel de Landoira

Foto: Marcos Creo
Foto: Marcos Creo

Xerardo AgraFoxo. Cando morreu no ano 1316 o arcebispo Rodrigo de Padrón, os enfronta-mentos entre os burgueses e o cabido compostelán para nomear o seu sucesor trouxeron conse-cuencias insospeitadas. Entre os candidatos que se presentaron para sucedelo, o cabido escolleu dous: Rodrigo Ianes de Parada, sobriño do prelado anterior, e Afonso Iañes, xuíz de Luou. Seguir lendo Noia, refuxio de Berenguel de Landoira

O Don Hamlet de Cunqueiro, lido ou representado?

18161977551Fidel Vidal. Ao parecer, certas referencias bibliográficas apuntan que Álvaro Cunqueiro confesou que non escribiu o Don Hamlet (Galaxia, MCMLVIII) pensando na súa representación. Segundo Manuel Lourenzo e Francisco Pillado (O teatro galego, 1979), Cunqueiro sabe ben o que é unha escena, un cadro, un acto, unha unidade dramática, pero non pode someter o “gestus” a un só punto de tensión; “o corpo pídelle máis a eses seres irreverentes que cruzan a escena: pídelles precisamente a irreverencia, a liberdade Seguir lendo O Don Hamlet de Cunqueiro, lido ou representado?