Quen ten a máis longa?

1500x844_separatistasGonzalo Trasbach. Ás veces a chamada actualidade déixate parvo, a punto de caer nun nihilismo radical. Todo semella máis convulso do que realmente é. Non fai tanto vento, pero a árbore está sempre abaneando, axitada non sabes por quen. Nalgúns momentos mesmo pensas que existe unha “Santa Alianza” para convencernos de que o mundo é un inferno, un sitio onde non se pode vivir. Neste ambiente, tes a sensación de que a política de moda neste tempo consiste única e estritamente en ver quen ergue a bandeira, pero a máis grande e longa (iso do tamaño, o mesmo que o ter collóns, arestora entre nós segue sendo fundamental). De ser así, esa política só pode ser a que propoñen os mediocráticos (expertos na mediocridade e na merda que discorre polos sumidoiros). Pois só eles saben vivir coma ninguén do conflito e do lixo. Non só iso, senón que a eles vailles moi ben, e obteñen suculentas ganancias, nadando nas augas turbulentas e sucias das letrinas.

Na nosa comunidade, os medios ignoran case sistematicamente os nosos xubilados, iso cando non publican informacións culpabilizando de xeito vergoñento os nosos maiores da quebra do sistema de pensións (que viven máis anos dos que cotizaron, que xa cobran moito e agora queren que se garanta por lei a revalorización da paga ligada ao IPC….), a eles que foron unha peza clave para que transcorrera con certo sosego a longa travesía polo deserto dunha crise que non provocaron e da cal, mal que lles pese aos optimistas capataces dos mandamais do planeta, aínda non temos saído, nin moito menos.

Hai uns días, cando estaba tomando unha fecha de viño nunha tasca, vin na televisión unhas imaxes da manifestación duns xubilados de fóra da nosa comunidade. Eles estaban partíndose a cara polo seu futuro, e tamén polo dos máis novos, dos que veñen detrás.

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Namentres, na mesa de enfronte dous vellos coñecidos discutían do aburrido labirinto catalán sen atender ao que dicían na tele sobre dos seus colegas. E discutían sobre a cuestión coma se lles resultase vital, decisivo na súa vida cotiá, como cando todo o mundo se alporizaba coa crise grega, lembrádesvos? Como se demostrou co paso do tempo, aquilo era outro conto perverso máis na historia da humanidade. Pese a eles, Grecia aínda está viva e nós non atravesamos ningún cataclismo como se anunciaba. Iso si, os bancos non devolveron nin un céntimo dos moitos cartos que lles regalou o Estado, todos nós).

Nese espazo de tempo pensei que entre nós, entre as xentes do común que de vez en cando paramos na taberna a tomar un chiquito, tamén está de moda a política das Bandeiras…(quen ten a máis grande?). E logo lembras feitos do pasado. E diste: <si, tamén nós temos axitado bandeiras. Mais aquelas do famoso 23 F, no cal se puxo a proba o noso valor coma cidadáns (aló os que se posicionaron e aínda o fan cos golpistas), non se axitaron contra ninguén. Non ían contra ninguén. Eran para facernos fortes no medio dun clímax de medo colectivo, para xuntarnos nas nosas ilusións e esperanzas. Si, así foi>. E un pouco despois, dis: <Que non nos transfiran máis conflitos nin medos. Só eles e os medios viven estupendamente no conflito, mesmo no medo a outra “guerra civil por outras canles“, que é no estado no que queren que vivamos constantemente>.

3 comentarios en “Quen ten a máis longa?

  1. Querido Gonzalo:

    Tu artículo no puede reflejar mejor la realidad en la que estamos inmersos.
    Hoy, por desgracia, se echa mano sin ton ni son de las banderas (“canto máis grandes e longas, mellor” -plagiando lo que dices-) con fines interesados.
    Ciertamente los medios informativos destapan muchos trapos sucios; pero también pueden desvirtuar la verdad. Hace falta una ética y una moral profesional sólidas. De no ser así, no sabemos en qué acabará todo el tinglado organizado entre unos y otros.
    Que me digan a mí que no tengo derecho a disfrutar de una jubilación digna, después de cuidar durante 22 años a mi madre sin ninguna ayuda estatal, con una paga que no llegó a los 700€ ni siquiera con las subidas anuales. Para más recochineo…: aunque mi madre jamás hizo declaración de la renta, al venirse a vivir conmigo parece ser que teníamos la obligación de sumar las dos pensiones y, al no hacerlo, me dieron un palo de casi 8.ooo€ unos días antes de cumplirse el plazo -los cinco años- para que la deuda prescribiese. A punto estuve de plantarme con una gran pancarta a las puertas de Hacienda; pero, en vista de que me permitieron pagar la multa a plazos, acabé desistiendo. Y si sólo fuese eso…
    Termino mi comentario con un aforismo (que no sé de quién es y me parece que, aunque desplazado, no desentona): “Inteligente es aquel que sólo cree la mitad de lo que oye. Genio, el que sabe qué mitad creer”.
    Tal como se están poniendo las cosas, creamos lo que creamos, lo único que nos queda es el derecho al pataleo.
    Un fuerte abrazo.

  2. Buenos días, querido Gonzalo:
    Buen tema has sacado.
    Dicen que el origen de las banderas fue para que los arqueros supieran la dirección del viento. Luego para identificarlas, vinieron los colores y cada bando tenía el suyo. Luego vinieron las ¡ Banderas de nuestros padres! O, más bien, ¡ Banderas de nuestros gobernantes !
    Cuando se utilizan los símbolos como arma política en lugar de la vía correspondiente, ahí radica justamente el que ocurra todas estas cosas tan desagradables.
    Referente a lo de las pensiones, solo se me ocurre decir que los mayores son (somos), el mayor potencial de un país y que Astrea la diosa de la justicia lo tenga en cuenta.
    Besiños palmeiráns, querido Gonzalo.

    P.D Todos los sábados en a Pobra, hay manifestación de jubilados. De Palmeira acude mucha gente.

    1. Buenas tardes, amiga Magdalena. Sé que acude mucha gente de Palmeira. Conozco a unos cuantos. Además de cumplir su papel reivindicativo, la manifestación me sirve para reencontrarme con otros compañeros de estudios, de mocedad y juegos. Sólo he fallado dos veces con mi cita de todos los sábados en A Pobra. Y me gusta el encuentro. Pero casi nunca se dice nada de ella. Es normal en este ámbito de hablar solo de lo que interesa al poder y los poderosos. Que Dios los bendiga y a nosotros que nos dé fuerzas para seguir adelante. Gracias, muchas gracias, amiga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *