Pilar Sampedro. Moitos anos despois, fronte ao público asistente á presentación, Antía Cal tapa a cara nun xesto emotivo; cando o fillo lle fai demanda de descubrirse, afirma: “El tiña que estar aquí”, e ese “el” é o Antón Beiras, que asina con ela o libro. Todo o que ten que ver con Antía e o seu home ten esta carga de afectividade e dignidade que non deixan de sorprendernos. Unha parella que vai da man en todo o importante, ata o punto de que Antía titula as súas memorias Este camiño que fixemos xuntos. Seguir lendo Moitos anos despois…: os libros de Antía Cal
Arquivo da categoría: Ensaio
camasperfectas.com
X. Ricardo Losada. Cando fixemos o reparto das tarefas domésticas, a muller propuxo que ela lle pasaba o ferro á súa roupa e eu á miña. Pareceume razoable pero sospeitoso. Era a única tarefa na que dividiamos ao cincuenta por cento o traballo. No resto, un clásico isto para ti, isto para min. Seguir lendo camasperfectas.com
Buñuel, poeta
Fidel Vidal. Jean-Claude Carrière, no Limiar aos Escritos de Luis Buñuel (Páginas de Espuma, 2000), di que Buñuel era “home de silencios, de meditación”. Gustaba de vivir, xogar, improvisar, contar historias, mesmo “ás veces a mesma historia varias veces no mesmo día, pero con sutís variacións”. O cine, dicía, é un encargado de vestiario que pregunta polos zapatos que deben ir na escena do baúl, e o director de cine é aquel que non pode permitirse responder: “Non o sei” ou “Non me importa”. Sempre se mantivo a distancia da escritura, se ben participou no seu magnífico libro Mi último suspiro. Buñuel, agás nalgunhas excepcións, non escribía os seus guións. Seguir lendo Buñuel, poeta
Carla Bozulich: predicadora “On Fire”
Gonzalo Trasbach. Para Magdalena e Carme. Este texto sobre unha das mulleres máis incendiarias que poboan a miña secreta caligrafía sonora feminina atrevida foi ideado cando tiven unha pequena polémica con estas dúas amigas e colegas deste Café literario. Para quen ademais quero recuperar o que dicía o compositor e pianista norteamericano John Cage: <A música é unicamente atreverse a escoitar os sons do mundo antes de que callen nun signo, en linguaxe codificada ou moeda corrente> (é isto o que a música ten de (in)humano?). Seguir lendo Carla Bozulich: predicadora “On Fire”