Arquivo da categoría: Ensaio

Cando ser narcisista non é malo

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Xa sabedes a historia de Narciso, aquel namorado de si mesmo que de tanto amor que se tiña morreu afogado. Desde aquela, todos os narcisos de adxectivo (que non de nome) foron sinalados como egoístas, insolidarios, presumidos ou vaidosos, entre outras moitas cousas. E este narcisismo despectivo nos varóns converte en presumidas ás mulleres, e se aquel é rexeitable estoutro ata é estimado. Seguir lendo Cando ser narcisista non é malo

Dez sentimentos clave, de Carlos Gurméndez

34532641_061251Fidel Vidal. Carlos Gurméndez (1916-1997), filósofo ligado a Galicia, á comarca do Barbanza, particularmente a Rianxo e Rafael Dieste, autor recordado por O segredo da alienación  ou Crítica da paixón pura, durante a súa estancia en París relacionouse con Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir. Nesta obra, Dez sentimentos clave (FCE, 1997), ábrense as portas á reflexión e mesmo -como quen acaricia e modula os conceptos- ao gozo doutros tantos tons que nos mergullan nos alicerces emocionais da psique humana. Un libriño inspirado e inspirador que vai batendo teclas, desde o Amor ao Odio e da Tenrura até a Melancolía.       Seguir lendo Dez sentimentos clave, de Carlos Gurméndez

Galicia e os galegos na poesía castelá XCVII. O gran inimigo! Góngora

image009Román Arén. Luis de Góngora e Argote (1561-1627), cordobés, é un dos grandes poetas barrocos de Europa e, sen dúbida, o inimigo máis asañado de Galicia en poesía. Servil cos nobres galegos e brutal con Galicia. Foi un galego, bispo da súa cidade natal, Antonio Mouriño de Pazos e Figueroa, quen o ordenou de maiores en 1584 e a quen lle dedicou un soneto; o outro galego co que estivo relacionado foi o famoso Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, protector de Cervantes, a quen visitou en Monforte arredor de 1609 e ao que lle dedicou o poema “Al Conde de Lemus Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVII. O gran inimigo! Góngora