Arquivos da categoría Ensaio

Fronte ao mar da vida

A vila orgánica estírase en función da principal vía de comunicación costeira

A vila orgánica estírase en función da principal vía de comunicación costeira

Pedro García Vidal. Como toda obra humana, os espazos urbanos son construcións ideolóxicas e produtos históricos. Cada vila, como cada un dos seus habitantes, ten unha personalidade propia e así vai reflectirse na súa morfoloxía e estrutura. As imaxes verticais, como textos, son representacións da realidade. Falan unha lingua precisa e din tanto ou máis ca mil palabras. Continue reading Fronte ao mar da vida

Galicia e os galegos na poesía castelá CXVIII. José Antonio Ochaíta

gentes-guadalajara-Ochaita02-355x500Román Arén. Valle-Inclán é un dos temas máis característicos que os poetas casteláns teñen no referente a Galicia. Cando en 1935 se tentou adicarlle unha homenaxe en Galicia, agasallándolle un pazo, foron moitos os intelectuais galegos que se sumaron á iniciativa: Anton Villar Ponte, García Martí, Portela Valladares, Fernández Mato, Arias Sanjurjo, García Sabell, Xulio Sigüenza… E moitos artigos na prensa sobre o tema, que Sandra Domínguez e Carmen Vílchez recolleron en 2007 na revista <Cuadrante>. Entre estes escritos está un extenso poema de José Antonio Ochaíta García, publicado o 28 de xullo de 1935 no <Faro de Vigo>. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá CXVIII. José Antonio Ochaíta

Cantar o silencio

El gallo que no canta en su gallinero es porque ya cantó en el forasteroAntón Riveiro Coello. Nos últimos días vemos que os animais visitan os xulgados, como acusados ou como testemuñas. Por exemplo, unha xuíza ordenou que unha cadela asistira como testemuña no caso de maltrato do seu dono, que a botou ao lixo nunha maleta. Penalizouse tamén nun xulgado o canto dos galos. As dúas noticias poderían parecer inéditas, propias dun argumento para un relato de humor Continue reading Cantar o silencio

Unha muller na lúa

Matalobos

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Agardemos que o de mandar unha muller á Lúa non sexa un acto máis para encher o escaparate, coma se a mandasen a pasear por unha pasarela lucindo garbo e figura. Temos dereito a desconfiar vindo de quen vén a proposta. E o primeiro receo éntranos cando todo o esforzo do anuncio é que vai ser unha muller e non que vai aportar á ciencia tal viaxe. Continue reading Unha muller na lúa