Jesús Alberdi. No seu relato “Pedro Páramo”, di Juan Rulfo: “Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo. Mi madre me lo dijo”. Se cambiamos a Pedro Páramo por Antonio Caínzos, admirador de Beethoven, e en lugar de Comala en México, falamos de Mareira ou Ribeira en Galicia, esta sinxela modificación podería ser o comezo da novela de Fidel Vidal (Os coros da Novena, Espiral Maior, 2017). Amparo Caínzos vén de Mareira, vive en Mareira, volve a Mareira desde Coruña e Boiro, a súa vida xira arredor de Mareira, porque en Mareira están os seus pais, a súa infancia, está a súa vida interna alá onde ela se encontre. Seguir lendo Os coros da Novena, de Fidel Vidal
Arquivo da categoría: Ensaio
A conversión dos xudeus, de Philip Roth
Fidel Vidal. O día 22 de maio pasado faleceu o autor norteamericano Philip Roth (1933-2018), un clásico candidato ao Nobel nas últimas tempadas. Acusado de misóxino, Premio Príncipe de Asturias no 2012, e autor de novelas tan coñecidas como son O lamento de Portnoy, Casei cunha comunista ou da Triloxía americana, o caso é que, talvez co obxectivo de lle facer unha homenaxe, un amigo e gran lector, a semana pasada achegouse a min coa obra Goodbye, Columbus (debolsillo, 2007) e, abríndoa pola páxina 169, díxome: “Le só este conto”. Referíase ao titulado A conversión dos xudeus. Seguir lendo A conversión dos xudeus, de Philip Roth
Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita
Román Arén. Está Galicia no Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita? Pois si, e xa o sinalaron Filgueira e Xosé María Álvarez Blázquez, este último en Crónica rimada de Baiona e o seu amor, editada en 2008, pero que foi na orixe unha conferencia de 1964. Aí sinala que na “Pelea que ovo don Carnal con la Quaresma” está a nosa Baiona. Por que Baiona? Pois polos seus cazóns, que superan ás perdices e aos capóns: Ay andaba el atún como un bravo león,/falloso con don Tobino, díxole mucho baldón,/si non por doña Ceçina que l’desvió el pendón,/diéronl’a don Ladrón por medio del coraçón./De parte de Bayona veníen muchos caçones,/mataron las perdiçes, castraron los capones.
Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita
8 cidades, 8 nomes
Xerardo AgraFoxo. Dende que Heirich Schlieman e os arqueólogos da universidade de Cincinnati fedellaran no outeiro asiático de Hisarlik, para atopar os restos da lendaria Troia, apareceron naquel recinto ata 10 cidades, sendo a oitava aquela que relatara nos seus poemas o vello Homero. Seguir lendo 8 cidades, 8 nomes