8 cidades, 8 nomes

troya-de-priamoXerardo AgraFoxo. Dende que Heirich Schlieman e os arqueólogos da universidade de Cincinnati fedellaran no outeiro asiático de Hisarlik, para atopar os restos da lendaria Troia, apareceron naquel recinto ata 10 cidades, sendo a oitava aquela que relatara nos seus poemas o vello Homero. 
Aquí atoparon oito. A primeira tivo un nome tracio, logo veu outra co nome dun coñecido emperador romano, que deixou paso a outra bautizada polos bizantinos de diversas formas, entre elas a que levou o nome dunha das súa emperatrices máis famosas. Os eslavos tampouco quedaron atrás para deixar o seu rastro, tal como logo fixeron os turcos e, finalmente, os descendentes dos actuais poboadores.
Tantas culturas e tantas etnias poden albiscarse nos rostros dos homes e mulleres que camiñan por estas rúas, onde tamén se pode apreciar o legado deixado polo réxime que os controlou durante varias décadas aínda non hai moito tempo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *