X. Ricardo Losada. Como este ano imparto de materia afín Cultura Clásica, pedinlle a Ana Rivas, a profesora de Grego, que lles fose dar ás miñas alumnas de 4º da ESO unha clase sobre a traxedia grega. Animábame unha intención pedagóxica pero tamén a curiosidade morbosa de descubrir ese secreto que tanto me intriga desde hai moitos anos. Como é quen de engaiolar alumnos de todo tipo e condición. Descubrín o segredo Ana Rivas nesa clase? Pois si. Ela mesma o revelou: Soy medio desparrames, dixo, e a miña mente traduciu ese xenuíno autorretrato a unha frase que sempre considerei a mellor receita da felicidade: Vive coa seriedade coa que xogan os nenos. Seguir lendo Homenaxe a Ana Rivas
Arquivo da categoría: Ensaio
Memorables
Antón Riveiro Coello. Hai políticos que van polo camiño de seren recordados, máis que polo seu traballo, polas súas respostas estridentes e o seu dispor á polémica. No fondo, son seres memorables aos que non lles importa estar no centro do furacán. Tal é o caso do ministro Montoro, un ser arrouta-do, decidido, directo, que solta frases Seguir lendo Memorables
A música mecánica de Pierre Bastien

Alberte Pagán. O 12 de maio passado o músico francês Pierre Bastien actuou no Liceo Mutante de Pontevedra. O elemento visual é tam importante nas actuaçons de Bastien que chega a ser imprescindível. A sua música mecânica funciona melhor em directo, quando vemos o que escoitamos e escoitamos o que vemos. Seguir lendo A música mecánica de Pierre Bastien
Tras os pasos de Cunqueiro
César Alen. Corría o ano 79 do século pasado. Con todo, o que podería parecer unha laxa, para min supón unha perspectiva histórica amplísima. Que riqueza vivir. Un día de calor deambulaba entre as agrestes e secretas calas menorquinas. Era tal a calor que decidín refuxiarme da calima nunha fresca biblioteca de Mahón. Rebusquei distraidamente ata que dei cun paisano ilustre; don Álvaro Cunqueiro. Entre varias das súas obras, elixín por intuición As crónicas do Sochantre. Senteime a unha prudente distancia da luz cegadora que asomaba por unha gran ventá. Adaptei os meus mozos e ávidos ollos á agradecida penumbra. O libro foi envolvendo coa súa rica linguaxe coa incrible descrición de escenarios que me lembraban os ciclos artúricos. Seguir lendo Tras os pasos de Cunqueiro