Arquivo da categoría: Ensaio

Alcol

borrachoAntón Riveiro Coello. Dende hai anos os expertos alertan do alto consumo de alcol entre a poboación, especialmente entre a mocidade. Estes días o tema volve á actualidade porque Escocia fixou un prezo mínimo para o alcol coa intención de reducir o seu consumo. Non parece posible que o goberno español tamén opte por unha maior taxa impositiva, porque somos un país vitivinícola cunha importante produción e, ademais, cunha cultura do alcol moi arraigada en nós. Seguir lendo Alcol

Pedro F. Castelao, un teólogo laico

O Escritor. A vision do invisiblePastor Rodríguez. Pedro Manuel Fernández Castelao nace en Ribeira en 1975, onde estudou o bacharelato para logo cursar teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Comillas, ademais de asistir a cursos formativos en Nápoles e Friburgo de Brisgovia. Premio extraordinario de Licenciatura en Teoloxía no ano 2000, doutorouse no ano 2009 e gañou o Premio José María Ramón de Sampedro á mellor tese de doutoramento en Teoloxía. Profesor convidado na Universidade Interamericana de Porto Rico, é profesor en Comillas de Antropoloxía Teolóxica. En xaneiro de 2007 sucedeu o seu coterráneo Andrés Torres Queiruga, seu mestre en Compostela, na dirección da revista Encrucillada. Seguir lendo Pedro F. Castelao, un teólogo laico

Unha cuestión de alturas

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me fixen eco daquela máxima anarquista, que as categorías son como as lacenas, canto máis altas máis inútiles, pero estaba equivocado. E para proba, aí tendes que as oficinas de dirección de calquera empresa están no piso máis alto posible, mentres que no soto fica o almacén dos aparellos de limpeza. Seguir lendo Unha cuestión de alturas

Freud / Hamlet: o desexo

911866-MLA26951020449_032018-OFidel Vidal. “O destino fatal e o oráculo non eran senón [en Edipo] as materializacións da necesidade interior que o heroe pecara sen sabelo e contra os seus propósitos era, evidentemente, a expresión correcta da natureza inconsciente das súas aspiracións criminais. (…) Hamlet enfróntase á tarefa de vingar en outro os dous crimes que constitúen o contido da aspiración do Edipo; iso volve posible que o seu propio, escuro, sentimento de culpa lle paralice o brazo.” (Freud) Seguir lendo Freud / Hamlet: o desexo