Pedro García Vidal. Ao igual que as persoas, algunhas cidades posúen tamén certificado de nacemento. No caso de Noia ten data de 9 de abril de 1168, momento en que o rei Fernando II lle outorga a súa Carta Pobra, polo que a vila vén de celebrar o seu 850 aniversario. Logo de tanto tempo, a memoria devalou, e a cidadanía foi perden-do conciencia do mundo que a creou. Seguir lendo Noia, un espazo da memoria
Arquivo da categoría: Ensaio
Outra biografía memorable
Antón Riveiro Coello. Dende o 2005, cando X. Ricardo Losada nos entregou a frescura dun libro con miniaturas antolóxicas como foi O xene da chuvia, veño teimando na firme idea de que estamos diante dun autor de altura, diferente, único. Poucos son quen de converter a filosofía nun discurso narrativo e facer xurdir desa mestura un xénero novo, como fai este escritor de Rianxo, capaz de forzar en nós o pensamento e adobialo cunha intelixente ironía. Non hai moito recomendaba aquí a biografía memorable e rigorosa que Axeitos fixo de Manuel Antonio, e parecía difícil dicir algo novo sobre un dos referentes máis orixinais da nosa literatura. Seguir lendo Outra biografía memorable
Mars city
Francisco Ant. Vidal Blanco. Unha vez máis volvemos a darlle voltas ó asunto da conquista do espazo como se se tratase dunha emigración á que estamos destinados os terrícolas. E cando se fala deste asunto, o primeiro que nos vén á cabeza é Marte e os marcianos. Seguir lendo Mars city
O país onde ninguén morre, de Ornela Vorpsi
Fidel Vidal. Son os anos setenta do século pasado onde transcorren os feitos e os soños deste libro (Ornela Vorpsi, O país onde ninguén morre, Lumen, 2006), nos tempos da brutal ditadura de Enver Hoxha, contados por unha nena duns doce anos: “A historia dun soño dunha moza albanesa que quere fuxir do pesadelo da infancia e da adolescencia: a historia do horror de vivir naquela Albania” (do Limiar de Enrique Vila-Matas). Ornela Vorpsi, nacida en Tirana en 1968, fotógrafa e pintora, exiliada e residente en París desde 1997, dedicou este libro –unha sorte de relato sociolóxico dunha comunidade marcada polo machismo e a represión- á humildade: Dedico este libro á palabra “humildade”, un vocábulo que non existe no dicionario albanés. Seguir lendo O país onde ninguén morre, de Ornela Vorpsi