Outra biografía memorable

Manuel-AntonioAntón Riveiro Coello. Dende o 2005, cando X. Ricardo Losada nos entregou a frescura dun libro con miniaturas antolóxicas como foi O xene da chuvia, veño teimando na firme idea de que estamos diante dun autor de altura, diferente, único. Poucos son quen de converter a filosofía nun discurso narrativo e facer xurdir desa mestura un xénero novo, como fai este escritor de Rianxo, capaz de forzar en nós o pensamento e adobialo cunha intelixente ironía. Non hai moito recomendaba aquí a biografía memorable e rigorosa que Axeitos fixo de Manuel Antonio, e parecía difícil dicir algo novo sobre un dos referentes máis orixinais da nosa literatura. Pero X. Ricardo conségueo cun libro espléndido que, talvez, veña complementar o outro, traballando aquí, máis que coa certeza e o documento, coa dúbida, o presentimento e a intuición, que son terreos máis propicios para a literatura. Con talento, Losada focaliza o libro no xénero epistolar e constrúe e descifra enigmas, reparando nas contradicións de Manuel Antonio e sendo esixente co home e o mito para nos descubrir os logros e os fracasos de quen, amais de poeta, foi aventureiro, lacazán, mariñeiro e fillo. Maxistral pulso interpretativo para outra biografía memorable. Parabéns

Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego

Editorial Galaxia

224 páx.

5 comentarios en “Outra biografía memorable

  1. Puedes tener la más completa seguridad, querido profesor, de que los halagos, o como quieras llamarlos, puedes situarlos en el lugar correspondiente: el merecido.
    De todo, como en botica,
    llevan estos versos toscos;
    dorad la píldora, amigos;
    tragad verdades con oro.
    Estos versos son de Quevedo. A él, seguramente le gustaría “dorar la píldora” de vez en cuando, como hacían los boticarios para disimular el sabor del acíbar, pero tú, no necesitas de palabras halagadoras; son sinceras al cien por cien. Gracias también, por corresponder recíprocamente con la sinceridad.
    Besiños palmeiráns.

  2. Efectivamente, querido Antón, sean los genes o la espontaneidad, lo esencial es contar con los ingeniosos artículos y la buena literatura del querido profesor.
    Bicos palmeiráns.

  3. Por alusións:
    Gústame moito relativizar os afagos porque sei que vivimos nun mundo
    cheo de hipocrisías. Pero debo recoñecer que unha das experiencias
    extraliterarias máis gozosas da miña vida como escritor foi descubrir que
    os vosos afagos, situándoos onde haxa que situalos, e máis alá das inevitables
    esaxeracións, son sinceros.
    Eu tamén o son.
    Apertas agradecidas

  4. Grazas, Magdalena. Dá igual se o talento de Xosé Ricardo é un herdo familiar ou algo espontáneo. O importante é que o comparte connosco. Bicos

  5. Querido Antón. La mayoría de las veces secundo tus razonamientos, esta vez lo hago también, añadiéndole una dosis de cariño y admiración hacia la persona a la cual dedicas esta entrada.
    Conocí a José Ricardo, cuando presentó “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo”. Me gustó tanto el libro de aquél cura tan extravagante y poco común, que un día fui a visitar Isorna, su pueblo natal. Merodeé por el entorno, conocí su casa justo al lado de la iglesia, e incluso hablé con un familiar suyo. A partir de la mencionada presentación, continué en contacto con José Ricardo, el cual, tuvo la gentileza de remitirme después la “Obra poética e teolóxica” de Don Faustino con una preciosa dedicatoria, por lo cual, reitero el más sincero agradecimiento a mi querido profesor.
    Luego llegó “Vótame deste mar fora”. Novela atípica, (o a mí me lo parece) por lo menos, es muy original, y que se lee con mucha avidez, para lograr encontrar el proceder o modo de ser tan peculiar de la protagonista, y todo lo que se lee con afán, equivale a placentero.
    “Manuel Antonio”. Aquí, José Ricardo nos destapa a un poeta, con todos los epítetos que tú, Antón, ya describes. Nunca había leído nada de Manuel Antonio, y lo que menos esperaba encontrarme, era con un libro tan crítico, cosa que agradezco al escritor, porque, ser objetivo con un vecino, a veces cuesta.

    “Aprendín de meus pais a diferenciar as persoas das súas ideas, e as súas ideas do que realmente pensan. Se teño algún talento para escribir unha biografía é, xa que logo, mérito seu. Se teño algún mérito para vivir na miña biografía é, xa que logo, grazas ao seu talento”.

    Gracias, Antón, por sacar este artículo. Gracias profesor, por escribir.
    Besiños palmeiráns para ambos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>