Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova

9788417088149Xerardo AgraFoxo. Hai libros que dan medo. Por tanto, se estás en horas baixas, non leas este. Nel cóntase a historia de nove mulleres vítimas dun tempo marcado polo horror. Nove mulleres que a autora entrevistou –­en Moscova, Londres ou París– para coñecer as súas experiencias nos cárceres dun réxime ominoso. Entre elas destaca a peripecia de Ariadna Efrón, a filla da poeta Marina Tsvetáieva, confinada coma unha asasina nunha prisión preto do Polo Norte. Tamén é arrepiante o relato de Irina Emeliánova, a filla de Olga Ivínskaya, a amante de Pasternak e inspiradora da Lara Antipova n´O doutor Zhivago. Por tal complicidade co Premio Nobel, Olga foi detida unha noite do ano 1949, e, logo de abortar nun depósito de cadáveres, levárona unha tempada ao inferno. Anos máis tarde, estas dúas mulleres realizarían traballos forzados nun lugar que non aparecía nos mapas.

Era outra época, cando a histeria se percibía no aire e a xente durmía coa maleta preparada para ir ao averno. 1392888712420E cando a delación se converteu nun andazo que contaxiaba a familias enteiras. Para moitas mulleres a detención, por culpa das actividades dos seus homes, era o comezo dunha viaxe sen retorno, aínda que estas nove volveron. Un libro imprescindible, pero se estás en horas baixas…

E unha reflexión final que conmove. Unha delas confesa: “Se tivera que volver a vivir, non querería aforrarme aquela experiencia”. Ou esta outra: “Alí atopei a verdadeira amizade”. Que pensas, admirada Magdalena?

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Xerardo AgraFoxo. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova

  1. Magdalena di:

    Pienso, admirado AgraFoxo, qué a pesar de que leo, todo lo que la vista y manos me alcanza, (inclusive prospetos farmacéuticos) con las novelas de miedo no puedo. Pero, fíjate: es tan bueno tu comentario, que hasta tengo curiosidad por ver a las “Vestidas de baile en la nieve”. Sé que si tú la recomiendas, tiene que ser un libro realmente atrayente.
    Un placer, de nuevo, Xerardo. Ahora quiero hacer caso de Hipócrates, voy a desayunar algo saludable, para poder continuar por mucho más tiempo entre vosotros.
    Que pensas, admirado Xerardo?
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>