Arquivo da categoría: Ensaio

Edipo / Hamlet: a conciencia

hqdefaultFidel Vidal. E di mamá/ E Alguén anoxa-se porque é papá. Xesús Pisón (Breviario Hamlet).  A Hamlet gustaríalle talvez ser Edipo ou Orestes, comenta Harold Bloom (Shakespeare, A invención do humano), pero (contra Freud) “un e outro non son en absoluto similares”. A primeira vista non. Mais, gustáralle ou non parécese a Edipo, Hamlet ten raíces edipianas. Seguir lendo Edipo / Hamlet: a conciencia

O sheriff e o labirinto

qué-sigifica-soñar-con-laberintoX. Ricardo Losada. No marabilloso relato Os dous reis e os dous labirintos Borges conta a historia dun rei de Babilonia que mandou construír un sofisticado labirinto do que non se podía saír. Un día recibiu a visita dun rei árabe e para burlarse da súa simplicidade mandouno entrar no labirinto. O rei árabe só atopou a saída cando, humillado, implorou socorro divino. Seguir lendo O sheriff e o labirinto

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

md22458578043Román Arén. Pouca presenza ten Galicia na poesía de Miguel Hernández (1910-1942), o autor de Perito en lunas (1933) e El rayo que no cesa (1936), preso polo franquismo e morto no cárcere. Membro do PCE, converteuse nun poeta cívico en Viento del pueblo (1937) e aí, nese libro, é onde aparecen os galegos:

…extremeños de centeno, / gallegos de lluvia y calma, / catalanes de firmeza…

Pero Hernández foi, ademais de dramaturgo, xornalista na guerra civil e aí, na obra periodística, está a loita da guerrilla galega Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández