O sheriff e o labirinto

qué-sigifica-soñar-con-laberintoX. Ricardo Losada. No marabilloso relato Os dous reis e os dous labirintos Borges conta a historia dun rei de Babilonia que mandou construír un sofisticado labirinto do que non se podía saír. Un día recibiu a visita dun rei árabe e para burlarse da súa simplicidade mandouno entrar no labirinto. O rei árabe só atopou a saída cando, humillado, implorou socorro divino. Non se queixou pola argucia, pero díxolle ao rei babilonio que el tamén tiña en Arabia un labirinto, e que algún día o probaría. Xa na casa, organizou un poderoso exército, volveu a Babilonia e arrasouna. Capturado o rei, levouno ao deserto, e díxolle: “¡Oh, rey del tiempo y substancia y cifra del siglo!, en Babilonia me quisiste perder en un laberinto de bronce con muchas escaleras, puertas y muros; ahora el Poderoso ha tenido a bien que te muestre el mío, donde no hay escaleras que subir, ni puertas que forzar, ni galerías que recorrer, ni muros que veden el paso”. Despois desatoulle as ligaduras, e abandonouno en metade do deserto, onde morreu de fame e de sede. “La gloria sea con aquel que no muere”, acaba dicindo o relato.

tentcity4O outro día recordei esa historia ao saber que o considerado sheriff máis duro e xenófobo de EEUU, un tal Joe Arpagio, para rematar co problema da delincuencia, construíu Tent City, unha cárcere da que ninguén puidese saír. Como era unha cárcere ao aire libre e estaba no deserto, a máis de 50 graos, pensei que copiara a idea do labirinto do relato de Borges, aínda que me parecía imposible que un tipo así coñecese o autor arxentino. E, se o coñecese, parecíame evidente que collería como modelo o rei de Babilonia, non o rei árabe.

Confirmeino cando profundei un pouco máis no asunto. Tent City, situada a só cinco minutos de Phoenix, era unha especie de campamento militar dotado cos medios técnicos e de seguridade de última xeración, ata o punto de que o propio Arpagio a describía como un campo de concentración. Cámaras de vixilancia por todas partes, mesmo no interior das tendas, arames de espiño, presos traballando encadeados a outros presos… Tent City, como eu previra, parecíase máis ao sofisticado labirinto do rei babilonio que ao simplicísimo do rei árabe. E que Arpagio lle dera de comer aos presos (malditos dereitos humanos!) non cambiaba moito a cousa pois, como el mesmo dixo, comían peor que os cans. A gloria sexa con aquel que ben come.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

5 respostas a O sheriff e o labirinto

  1. x ricardo losada di:

    Outro gusto coincidente: Pedro Páramo. Tamén Cortázar, por suposto.
    Respecto a pórse ao día, é difícil. Acabo de ler que o ano pasado se publicaron
    90.000 libros en España. Os clásicos sempre son unha boa solución e teñen
    a vantaxe de que, por seren clásicos, póñenche ao día ao mesmo tempo que
    che remiten a outra época, cousa que os libros actuáis só farán cando nos xa non esteamos neste mundo.
    Coñezo a opinión de Borges sobre o conto e a novela. Tomada literalmente é absurda e impropia da súa intelixencia. Quero pensar que era a típica resposta para sacar de enriba a recorrente pregunta dos periodistas Por que no escribe novelas, Borges?
    Gústame máis esa outra afirmación súa de que era mellor lector que escritor.
    A min tamén me gusta máis o deserto como labirinto. Os anos fanme sospeitar de todo tipo de ornamentos.
    Unha aperta moi forte

  2. Querido profesor:
    Siento andar tan escasa de tiempo para dedicarle más a vuestros estupendos artículos.
    Además de liada con los preparativos de la semana del mayor -incluidos los ensayos de una danza china en la que espero no darle un paraguazo a la persona que tengo a mi derecha, dependiendo de la amplitud del escenario-, parte de la mañana la he dedicado a escuchar en Radio Clásica la extensa reseña de un libro que está echando por tierra el concepto que teníamos sobre las trifulcas entre Mozart y Salieri.
    En mi faceta lectora no pasé de autores que publicasen más allá de los años sesenta. De los hispanoamericanos: Rubén Darío, Gabriela Mistral, Neruda, Cortázar… y, por supuesto, el “Martín Fierro” de José Hernández.
    Ah, se me olvidaba Juan Rulfo que, con su sola novelita “Pedro Páramo” y el libro de relatos “El llano en llamas” alcanzó las cotas más altas en la literatura de habla hispana, dando impulso a la narrativa hispanoamericana. Me encanta su realismo mágico.
    El boom de la literatura colonial escrita por autores de la propia tierra llegó bastante más tarde. Al menos para mí. Hoy trato de ponerme al día. Aunque como muy bien decimos los gallegos: “Tarde piaches”.
    De Borges sólo leí los relatos contenidos en “El libro de arena” y algo de poesía.
    “La novela obliga al relleno. El cuento no”, decía el escritor. Para mí lo que cuenta es que el relato se acaba antes de leer.
    A Borges tengo que agradecerle la traducción al español de “El príncipe feliz” con el que tanto disfruté al tiempo que derramaba alguna lagrimita.
    Y ahora para Magdalena: “Uno no es lo que es por lo que escribe, sino por lo que ha leído”. Aunque ella también es una escritora genial que me lía a mí -diletante mediocre-
    cuando lo único que logro es divagar.
    Lo dicho: se me ha ocurrido leer de nuevo tu artículo, antes de colocar el puntero en “enviar”, y veo que he obviado la metáfora de los dos reyes de la que se pueden sacar múltiples enseñanzas. Me quedo con la sencillez del rey árabe frente a la petulancia del babilónico.
    Un abrazo para profesor y alumna.

  3. x ricardo losada di:

    O relato de Borges é moi breve pero tamén moi intenso, e aborda problemas filosóficos de gran complexidade dunha forma moi sinxela, maxistral, tal e como
    el facía sempre. Sei que non é para todos os gustos (nada o é), e que a algúns lles
    parece, por filosófico, demasiado frío. Que lles pareza frío, non me parece mal, están no seu dereito. Que lles pareza frío por filosófico é unha inxustiza, e atenta contra os meus dereitos. A min, a filosofía quéntame o corazón.
    Arpagio. Arpegio. Ti tamén es quen de crear un mundo novo cos meus artigos dunha forma moi sinxela. E agradable.
    Apertas

  4. Magdalena di:

    Querido profesor, le ruego no me ponga un “cate” por no “hallarse” en mi mente en el día de ayer, un hayal de ciencia, para poder contestarle a usted con la debida instrucción que sus artículos se merecen. Le ruego perdone mis entradas escritas a matacaballo, y sepa disculparme agregándole al cero que me correspondía, un uno, delante del mismo. Se lo agradezco de antemano. Hallándome a sus pies, se despide atentamente su querida alumna, Magdalena.

  5. Magdalena di:

    Querido profesor, todo lo que que haya estado en la mente de Borges, es atrayente para el lector. No he leído “Los dos reyes y los dos laberintos” pero por lo que cuentas, debe de ser un relato apasionante. El rey de Babilonia, robó el fuego divino para mofarse del rey árabe y con su decisión abrió la caja de Pandora para su propia tragedia.

    El tal Arpagio, con su campamento militar y su comida para canes, posiblemente sea peor que el rey babilónico. Más le valdría cambiar una letra de su nombre y dedicarse a tocar el arpa. Tocando arpegios, y sacando el alambre de espino que hay en su sofisticado laberinto, las notas nunca sonarían disonantes.
    Me ha gustado tu artículo profesor. Besiños palmeiráns.
    La gloria sea con aquel que encuentre la esperanza que se le escapó a Pandora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>