Arquivo da categoría: Ensaio

Por que S. Hawking se molestou en existir?

noticia-es-posible-viajar-en-el-tiempo-stephen-hawking-tiene-la-respuesta-portadaX. Ricardo Losada. É a pregunta que a todos os seres humanos nos gustaría saber contestar: Por que o universo se tomou a molestia de existir? Stephen Hawking respondía así: “A creación espontánea é a razón de que haxa algo en vez de nada, de que o Cosmos exista. A lei da gravidade explica que o cosmos poida crearse a si mesmo”. Pero é unha resposta que suscita moitas preguntas. Seguir lendo Por que S. Hawking se molestou en existir?

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIV. O arxentino García Saraví

SARAVIRomán Arén. Non é moi coñecida entre nós a poesía de Gustavo García Saraví (La Plata, 1920), malia que en 1981 se editase as Obras completas en España (Madrid, Empeño), a cargo de Sara Parkinson de Saz. Membro da xeración dos 40, a de Olga Orozco, Enrique Molina e Aldo Pellegrini, foi poeta a quen gabou Jorge Luis Borges, que prologou Del amor y otros desconsuelo (1968), a que agradaba probablemente o seu “arxentinismo”, manifestado, sobre todo, nos poemarios Con la patria adentro y otros poemas (1964) e Cómo se canta a la patria (1979). Comezou a súa andaina poética en 1955 e Luis Seoane e Arturo Cuadrado editáronlle en 1958 Los sonetos, en Botella al Mar. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIV. O arxentino García Saraví

Salvaxes

Príncipe_BaltasarCarlos_cazador_Velázquez_louAntón Riveiro Coello. Unha vez máis, miles de estudantes saen ás rúas en Estados Unidos, desta volta para honrar as vítimas da matanza de Parkland, acontecida hai pouco máis dun mes, e sobre todo para esixir máis control no acceso ás armas. A senadora e líder demócrata Elisabeth Warren intúe que estes mozos están aquí para nos liberar. A ver se é verdade e esta xeración muda a historia. Non vai ser doado, non só pola influencia que a Asociación Nacional do Rifle ten no Congreso dos Estados Unidos, senón tamén porque as armas están inseridas fortemente na cultura americana e son unha industria poderosa. Pero talvez estes mozos rematen por educar os pais. Seguir lendo Salvaxes

Hamlet contra Shakespeare

hamletFidel Vidal. Arnold Hauser (Historia social da literatura e a arte) sostén que Voltaire e Ben Jonson recoñeceron en Shakespeare unha forza violenta e natural que non lle deixaba seguir e coidar das “regras”. Non podía ser sometido por estas, e atopaba na súa expresión unha forma dramática completamente distinta á da traxedia clásica. A súa obra vaise interpretar no ámbito da sociedade isabelina, onde a filosofía social pódese resumir nunha frase extraída dun dos seus textos: “Cando a xerarquía vacila, a empresa padece” (Shakespeare, Troilo e Crésida, I,3).   Seguir lendo Hamlet contra Shakespeare