Hamlet contra Shakespeare

hamletFidel Vidal. Arnold Hauser (Historia social da literatura e a arte) sostén que Voltaire e Ben Jonson recoñeceron en Shakespeare unha forza violenta e natural que non lle deixaba seguir e coidar das “regras”. Non podía ser sometido por estas, e atopaba na súa expresión unha forma dramática completamente distinta á da traxedia clásica. A súa obra vaise interpretar no ámbito da sociedade isabelina, onde a filosofía social pódese resumir nunha frase extraída dun dos seus textos: “Cando a xerarquía vacila, a empresa padece” (Shakespeare, Troilo e Crésida, I,3).  

Shakespeare ve o mundo con ollos dun burgués ben situado, que pensa libremente, é escéptico e está desilusionado en moitos aspectos. “Expresa opinións políticas que arraigan na idea dos dereitos humanos”, condena os abusos do poder e a opresión do pobo, pero tamén condena o que el chama a “arrogancia e prepotencia do populacho” e coloca o principio de “orde” por riba de todas as consideracións humanísticas. Mesmo por razóns estilísticas, non renuncia ao realce social dos seus heroes: “teñen que ser príncipes, xenerais e grandes para se levantaren teatralmente sobre os seus contemporáneos e caeren desde unha altura suficiente, para causar, coa peripecia do seu destino, unha impresión ben grande”.

Foi James Joyce o primeiro que identificou a Hamlet o Danés co único fillo de Shakespeare, Hamnet, que morreu á idade de once anos en 1596. Para nós, seguindo a Lacan, o protagonista vai ser estritamente idéntico ás palabras que figuran no texto. El é texto escrito alén das palabras: a mesma cousa. hamlet-poster-1É dicir, unha ficción denunciando e sinalando (o dedo índice na dirección axeitada) e subliñando o significado da realidade.

De análoga maneira se expresa o filósofo Wittgenstein. Se Shakespeare é grande, a súa grandeza, para Wittgenstein, revélase só no corpus total das súas obras teatrais, que crea unha linguaxe e un mundo propios. Noutras palabras, é completamente irreal (como un soño). “Non é como se Shakespeare retratase ben os tipos humanos e fose nese senso fiel á realidade da vida. Ou non é fiel á realidade da vida. Pero ten unha man flexible e as súas delineacións, as súas pinceladas, son tan particulares que cada un dos seus trazos parece significativo, digno de ser mirado”.

2 comentarios en “Hamlet contra Shakespeare

  1. Querido Fidel: al abrir la “cafetería” y ver a “Hamlet contra Shakespeare” ya no esperé a desayunar para leer el contenido del artículo; ya sabes que la fascinación que ejerce lo que se ignora, a veces es irresistible.
    A pesar de que no pueda contestar a tus textos como yo quisiera, me gusta devolverte unas líneas para poder manifestar que las he leído con complacencia. El escritor genuino puede comunicar incluso antes de ser entendido. La mayoría de las veces tengo que leer repetidas veces un texto para poder asimilarlo pero lo hago con avidez y agrado. Algo siempre queda.

    Goethe y Shakespeare parece que eran de la misma opinión referente al orden.
    “Prefiero la injusticia al desorden” (Goethe)
    SER ES SOLEDAD ODA DE LOS SERES.
    Besiños querido Fidel.

    1. Grazas, miña atenta Magdalena. Coido que non sempre é necesario “entender” todo, como non se “entende” a música ou un solpor, abonda co gozo. Aínda que é moi enriquecedor que alguén nos explique unha obra, sexa esta un cadro, unha partitura ou un poema. Eu agradézoo moito. Como agradezo as túas verbas e o teu interese.
      A MIN A ANIMA
      Saúde e xustiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *