Román Arén. Debeu ser o gaditano Jose María Pemán (1898-1981) un dos intelectuais máis famosos do franquismo mesmo entre os lectores “febles”. E iso viña polos seus artigos no <ABC>, redondos como sonetos, e pola serie televisiva dedicada ao Séneca, o seu personaxe. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIII. Pemán
Arquivo da categoría: Ensaio
O fillo, un conto de Horacio Quiroga
Fidel Vidal. Horacio Quiroga (1878-1937), escritor uruguaio de nacemento foi, desde ben cativo, perseguido pola desgraza. Sendo bebé o pai morre dun disparo accidental; con 16 anos presenciou o suicidio do padras-to dun tiro de escopeta; pasado un ano da morte de dous irmáns de febre tifoide, aprendéndolle a manexar unha pistola ao seu amigo Federico Ferrando, escapóuselle un tiro que matou a Federico instantaneamente. Seguir lendo O fillo, un conto de Horacio Quiroga
O vertedoiro celestial

Francisco Ant. Vidal Blanco. Como se todo o ben viñese do ceo e non da terra que pisamos, sempre agardamos que el nos bendiga ou que del nos caia a sorte como o maná daquela vez. Pero iso non soe pasar. Pasou no bíblico deserto, e non sabemos se non sería unha licenza litera-ria coma tantas outras, porque do que do ceo nos pode caer todos temos algunha anécdota que contar, sobre todo se somos de porto de mar. Seguir lendo O vertedoiro celestial
Neno con vida de novela
X. Ricardo Losada. Vendo chorar desesperadamente o outro día un neno de catro anos, pensei, co novelista Nicholas Delbanco, que a esa idade, un xa ten experimentado todo o que necesita para escribir ficción: amor, dor, perda, aburrimento, cólera, culpa e medo á morte. Despois recordei unha foto que teño con meu pai (a máis antiga como bípede) na terraza dun bar a esa tenra idade e, como non podía ser doutro xeito nun tipo coma min, decidín comprobar se o apotegma de Delbanco se cumpría na miña propia experiencia. Seguir lendo Neno con vida de novela