Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIII. Pemán

homenaje-pemanRomán Arén. Debeu ser o gaditano Jose María Pemán (1898-1981) un dos intelectuais máis famosos do franquismo mesmo entre os lectores “febles”. E iso viña polos seus artigos no <ABC>, redondos como sonetos, e pola serie televisiva dedicada ao Séneca, o seu personaxe. Pero Pemán foi tamén poeta, e non malo, e o mellor da súa poesía está no neopopularismo con certos aires de vangarda, próximos a un certo Lorca e un certo Alberti, do que son bos exemplos A la rueda que rueda (1929), El barrio de Santa Cruz (1931) e Señorita del mar. Itinerario lírico de Cádiz (1934).

Destacou tamén como dramaturgo con pezas en verso como El divino impaciente (1933), coas que a dereita se identificaba, pero o mellor do seu teatro está nas comedias como La viuda naviera, lixeira e lírica, e nas traducións dos clásicos. Como narrador foi bastante mediocre.

Firme apoio do franquismo, este monárquico chegou a presidir o Consello Privado do Conde de Barcelona e co paso dos anos fíxese máis “liberal”, lonxe xa da poesía de combate de Poema de la Bestia y el Ángel (1938). Non está ausente Galicia da súa poesía:

Y vosotras, las frías / crestas del Pirineo, y la calzada / de Galicia, regada de fervores, / y las blancas aldeas y las rías: / ¡puñaladas de azul entre las flores!

O fragmento forma parte da Elegía de la tradición española (1932). En 1970 consideraba “lengua” ao galego e ao catalán porque tiñan unha gran literatura.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIII. Pemán

  1. Vivir sin penas de amores
    es triste vivir sombrío,
    es como el agua de un río
    que sin árboles ni flores,
    va por un campo baldío.

    No huyáis penas ni dolores
    con flaqueza de cobarde,
    ni busquéis falsos amores
    que mueren como las flores,
    en el morir de la tarde.

    No hay como saber sufrir
    con entereza el dolor
    para saber compartir,
    que el dolor es la mejor
    enseñanza del vivir.

    RESIGNACIÓN: Algunos de los versos de sus bellas obras poéticas.
    Cariñosos saludos, Román.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *