Pastor Rodríguez. Nado en Noia o 21 de agosto de 1887, pola súa data de nacemento pertence a unha ilustre xeración que no Barbanza deu intelectuais como Castelao, García Martí, Lustres Rivas ou Fernández Mato. Estudante de bacharelato en Compostela, ingresa na Facultade de Medicina desa cidade en 1903, licenciándose en 1908 e especializándose en Anatomía. Os estudos de doutoramento realizounos en Madrid, onde leu a tese “Mastoiditis y trepanación”. Dende 1909 traballou na universidade de Santiago e en 1916 gaña a cátedra de Técnica Anatómica da universidade de Sevilla, pero ese mesmo ano pasa a Compostela, á cátedra de Anatomía Descritiva e Embrioloxía ata a súa morte nun accidente de automóbil en 1933. Seguir lendo Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela →