Arquivo da categoría: Ensaio

A utilidade do desexo

utilidadX. Ricardo Losada. Juan Villoro conta no seu último libro a historia dun gobernador mexicano que ofrecía comidas íntimas, segundo el mesmo dicía, para 150 persoas. Tamén revela que un dos méritos do escritor Jorge Ibargüengoitia era comprender moi ben que os heroes non se forxan no cumprimento do deber senón nos avatares da súa moi humana condición, e pon como exemplo que moitas batallas gañáronse porque un xeneral desexaba almorzar o seu guiso favorito nunha cidade ocupada. Os desexos máis nimios e o azar provocan peripecias que os políticos e os costumes transforman en epopeas. Seguir lendo A utilidade do desexo

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXI. José García Nieto

garcia-nietoRomán Arén. José García Nieto (1914-2001) ten a desgraza de ser identificado só como poeta neoclásico, o representante por excelencia da revista <Garcilaso> e un poeta frío e formalista, pero a súa extensa obra, sempre de gran corrección, é máis ca iso, con máis matices, pero aínda así lese pouco e mal. Asturiano, membro da RAE en 1983, o seu legado literario consérvase en Padrón. Comezou como poeta con Víspera hacia ti (1940) e Tú y yo sobre la tierra (1944), para nos cincuenta editar Tregua (1951) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXI. José García Nieto

O libro que le Hamlet

HamletOlivier2Fidel Vidal. Italo Calvino (Por que ler os clásicos?) pregúntase polo libro que le Hamlet cando entra en escena no segundo acto. Á pregunta de Polonio, “Que ledes, señor”, Hamlet contesta: “Palabras, palabras, palabras”. Mais, que sería do home sen palabras, sen a palabra que o di ou sen a verba que o nomea? Que comunica máis, un rosario de palabras ou unha mirada tenra? No caso de Hamlet, estamos a falar dun libro, da palabra escrita, do verbo silencioso produtor de imaxes e dúbidas, da reflexión última transferida e transmutada por dupla ou tripla vía: Arriba cerebro! Seguir lendo O libro que le Hamlet