Gonzalo Trasbach. Un golpe de sorte levoume até unha información sobre unha cantante norteamericana totalmente desco-ñecida para min, pero tamén para moitos mitómanos musicais, pois non só pasou desapercibida no seu tempo, senón que no 1974 abandonou a súa residencia cara ningures e dende aquela ninguén volveu saber nada dela, polo menos ata agora. Descubro unha noticia sobre a publicación dun disco e póñome a buscar información: Elisabeth Eaton, nomeada como Connie Converse, naceu en New Hampshire (USA) un día do mes de agosto de 1924. Seguir lendo Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras
Arquivo da categoría: Ensaio
Palabras ao ventimperio
X. Ricardo Losada. O mesmo día que morreu Isidro Novo lin un artigo seu titulado Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio no que fala dun proxecto da AELG que se dedica a recoller palabras que viven en Galicia sen que os dicionarios lles dean acollida. Escribín este texto, como homenaxe a tan fermosa iniciativa, recordando ese capítulo de Rayuela que Cortázar escribiu con palabras inventadas pero que se entende perfectamente. Seguir lendo Palabras ao ventimperio
Ofelia, nai de pecadores
Fidel Vidal. Ante perdas significativas podemos entender o temor a sermos cada vez menos. É así como o ser de Hamlet se perfila sobre un fondo de non-ser. Amosa o not to-be coma o soporte último do to-be. Morte e loito, condición do ser. Non basta coa renuncia ao falo (declinación do edipo freudiano), é necesario perder algo de si como condición de acceso á orde fálica. Se nos detemos na posición subxectiva de Ofelia, notamos que ela está en posición hamletiana. Ofelia é Hamlet. A morte do pai e a perda do amor de Hamlet sitúan tamén a Ofelia entre o to-be e o not to-be. A diferenza con Hamlet é que Ofelia déixase caer enteiramente niso que perde, non hai subxectivazón da perda. Seguir lendo Ofelia, nai de pecadores
A procura da fama
Francisco Ant. Vidal Blanco. Algo tan doado de comprender como é a procura da fama, deses cinco segundos de gloria que fan pasear polos platós a todo tipo de personaxes que acoden coa única pretensión de sacar unha expresión de asombro polo que fan ou din, está tan estendido que xa non nos sorprende. Seguir lendo A procura da fama