Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras

lovelyGonzalo Trasbach. Un golpe de sorte levoume até unha información sobre unha cantante norteamericana totalmente desco-ñecida para min, pero tamén para moitos mitómanos musicais, pois non só pasou desapercibida no seu tempo, senón que no 1974 abandonou a súa residencia cara ningures e dende aquela ninguén volveu saber nada dela, polo menos ata agora. Descubro unha noticia sobre a publicación dun disco e póñome a buscar información: Elisabeth Eaton, nomeada como Connie Converse, naceu en New Hampshire (USA) un día do mes de agosto de 1924. Logo de obter unha beca prestixiosa, deixa os estudos e tamén se esquece das crenzas relixiosas batistiás nas que fora educada no seo da súa familia, e logo instálase no barrio bohemio neoiorquino de Greenwich Village, onde comeza a cantar para os amigos acompañándose só da súa guitarra.

Relatan as crónicas que as letras das súas cancións ocúpanse da frustración sexual, da promiscuidade, dos fracasos sentimentais e da soidade, moita soidade, todo tratado dun xeito moi humorístico e irónico. No ecuador da década dos 50 do século pasado, dúas vocalistas que anos máis tarde acadarían o top do folk norteamericano, Joan Baez e Joni Mitchell, aínda ían á escola. Connie, sen embargo, estivo no lugar preciso, pero no momento equivocado: non eran bos tempos para a lírica feminina. 006_connie_converse_by_sarah_wilmer_and_mike_schultzCando no 1961, Dylan aterrou no Village, Converse mudouse para Michigan, deixando atrás enterradas as súas aspiracións sónicas. Dende ese momento en diante, dedicouse a cultivar a súa depresión encharcándose en alcohol. Cando tiña 50 primaveras (1974), colleu o seu petate, subiu ao seu coche e desapareceu definitivamente. Ninguén a volveu ver.

No primeiro mes do 2018 acaba de aparecer un disco tributo a esta figura agochada e misteriosa: “Vanity Of Vanities. A Tribute To Connie Converse”. Todo o material que tiña gravado ao longo da súa etapa visible, deixoullo Connie ao seu irmán. Algunhas desas delicadas composicións publicáronse recompiladas nun CD no 2009 baixo o título de “How Sad, How Lovely” e máis tarde (2015) nun vinilo. De aí en diante, o culto por Connie comezou a medrar. O compositor e musicólogo Howard Fishman dedicoulle a obra teatral “A Star Has Burnt My Eye” e produciu “Connie’s Piano Songs. The Art Songs Of Elizabeth Connie Converse”, dezaoito temas para piano e voz escritos por ela pero nunca gravados, inspirados en poemas de Dylan Thomas e T.S.Eliott, entre outros. A cantante Charlotte Mundy e o pianista Christopher Goddard son os intérpretes. E Andrea Kannes dirixiu a mediometraxe documental “We Lived Alone: The Connie Converse Documentary” (2014).

  “Vanity Of Vanities” é o titulo do disco que o intérprete e compositor John Zorn ideou para renderlle un merecido tributo, tomando como referencia o título dunha das súas cancións para piano e voz, traballo no que se versionan once temas de “How Sad, How Lovely”, máis outras catro obtidas dos arquivos que garda o irmán de Connie. Dentro da lista de participantes, subliñamos as vocalistas Laurie Anderson (viuda de Lou Reed), Martha Wainwright, Karen O e Sanadra Jenkins… Todos os intérpretes amosan unha secreta devoción por unhas melodías curtas, delicadas e vivaces, nas que alenta case sempre a tristeza, aínda que nalgunhas latexa un halo de esperanza.

2348Hai un par de anos publiquei neste Café unha información sobre outra muller que non desapareceu, pero que foi barrida da escena pola demencia incendiaria dos 70, e morreu practicamente na miseria e no máis absoluto anonimato, arruinada e consumida polas súas adiccións. Falo de Karen Dalton (1937-1993), cantante e guitarrista de folk e blues. Naquela crónica tamén contaba que chegara até a súa pobre cabana de madeira da man de Nick Cave, quen a considera a mellor cantante da historia do blues, e tamén dun disco tributo no que participaban case todas as novas figuras do actual indie folk norteamericano, entre as cales se contaba a mesma Joanna Newson, unha das que teñen traballado na corrente que recuperou os discos esquecidos que Dalton gravou no seu tempo: “It’s So Hard To Tell Who’s Going To Love You” (1969) e “In My Own Time” (1971). Tanto Connie coma Karen son as dúas principais fillas primoxénitas das sombras, que agora renacen de entre as ruínas das súas propias vidas.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Gonzalo Trasbach, Música. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras

  1. Magdalena di:

    Grazas a ti, querido Gonzalo. Seguro que e un pracer atoparse ahí en esa contorna ollando pra os cormoráns vendo cómo mergullan. Desde o purgatorio, unhas veces rezando, outras veces renegando, moitos bicos tamén, amigo.

  2. Magdalena di:

    Querido Gonzalo; comienzas tu artículo diciendo que un golpe de suerte te llevó hasta una información sobre la cantante Connie Converse, no demasiado conocida para muchos mitómanos incluyéndote a ti. Hay una frase atribuida a don Gregorio Marañón que dice: “Solo Dios sabe las noches que he pasado en vela para tener la suerte que tengo”. Eso fue precisamente lo que a ti te pasó, que buscando información para tus artículos el azar te llevó hasta la cantante norteamericana. Eso se llama esfuerzo recompensado, como así lo llamaba el científico pensador.
    Cuentas que las letras de sus canciones relataban sus frustraciones, su soledad, pero siempre contada con ironía. En todo artista está la pasión al lado de la inspiración. No hay arte sin sentimientos, que son los que insuflan las ideas del arte, y por lo que cuentas, Gonzalo, era una persona desprendida legando todo a su hermano. No cabe duda que ese arrebato dadivoso es parte de su genialidad, porque cuando entregan su arte, se entregan ellos mismos.
    Le diré a Antia que me ponga una de sus canciones. Así conoceré su voz.
    Un placer leerte, Gonzalo.
    Besiños palmeiráns.

    • Gonzalo Trasbach Paz di:

      Moitas gracias querida Magdalena. A Antía teño que pasarlle unha relación de discos para que mos pida. Ao estar sen ordenador propio, xa non os podo descargar. Teño que decirte, que foi unha pura casualidade. O esforzo foi buscar a información e escoitar un bo lote das súas cancións, así como volver sobre Karen Dalton. Unha vez máis non sei como estar a altura da túa xenerosidade. Bicos, dende o o inferndo, como diría un borde dos antigos malditos, aínda que agora coido que para ser maldito hai que lle rezar aos santos. En serio: bicos dende un sitio

      • Gonzalo Trasbach Paz di:

        Toquei un botón se querer e o comentario marchou. Quería dicir: bicos dende un sitio chamado Bico do Mar, refuxio dunha escuadrilla de cormoráns que veñen de facer un recoñecemento pola ría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>