Arquivo da categoría: Ensaio

Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador

O_voar_da_bolboreta_azulPastor Rodríguez. Natural de Taragoña e técnico cultural no seu municipio natal, Fernando Lavandeira é, sobre todo, un poeta, aínda que cultive outros xéneros como a narrativa. Estudante de bacharelato en Pontevedra, fixo logo estudos de Antropoloxía social, didáctica ocupacional e educación social. Deuse a coñecer como poeta con Mar que evita o meu regreso (2000), obra á que seguiron Tempo é de que saiban (2006) e Poemas (2007), unha antoloxía trilingüe da súa poesía editada pola Depaul University de Chicago, dividida en dúas partes: Supoñamos e Como se o tempo fora, unha poesía conceptual de gran contención e pureza expresiva. Seguir lendo Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador

Montes sagrados

castroX. Ricardo Losada. Hai un lugar en Rianxo desde o que podes ver os montes máis importantes do mundo, e cada vez que vou imaxino que os percorro nunha etapa ciclista. A primeira parte, cha, vai polo mar ata Vilagarcía, onde subo ao monte Lobeira. Despois collo a estrada de Padrón e subo ao monte Xiabre en Catoira para, de seguido, cruzar a ponte sobre o río Ulla e subir ao monte Lioira de Asados que, tras un rápido descenso, lévame ao pico Muralla no Araño e, case deseguido, ao Castro Barbudo en Taragoña. Finalmente abordo Iroite e o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal, onde está a meta desta marabillosa etapa.   Seguir lendo Montes sagrados

Ofelia de corpo presente

ofeliaFidel Vidal. Na idade do pavo todas as nenas son Ofelia (Marqués de Bradomín). A que ven -pregúntase Lacan comentando o Edipo- o personaxe de Ofelia? Ofelia é Ophalos. É o falo, exteriorizado, rexeitado polo suxeito como símbolo significante da vida. Se Edipo é o dos pés inchados, Ofelia é iso que incha. Ophelio en Homero ten o sentido de engordar, inchar. Foneticamente dáse un equivoco entre Ofelia e Phalos, Ofalos. Se Ofelia representa o falo, como se amaña Shakespeare para levar adiante esta función? Seguir lendo Ofelia de corpo presente