Ofelia de corpo presente

ofeliaFidel Vidal. Na idade do pavo todas as nenas son Ofelia (Marqués de Bradomín). A que ven -pregúntase Lacan comentando o Edipo- o personaxe de Ofelia? Ofelia é Ophalos. É o falo, exteriorizado, rexeitado polo suxeito como símbolo significante da vida. Se Edipo é o dos pés inchados, Ofelia é iso que incha. Ophelio en Homero ten o sentido de engordar, inchar. Foneticamente dáse un equivoco entre Ofelia e Phalos, Ofalos. Se Ofelia representa o falo, como se amaña Shakespeare para levar adiante esta función? O personaxe de Ofelia vén ser a ensenrada na que pique Hamlet. É o anzol, o engado -responde Lacan-, destinado a lle arrincar a Hamlet o seu segredo. Mais non se trata de facer confesar a Hamlet os seus escuros propósitos que inquietan aos que o rodean. Cal é ese segredo tan ben agochado?: “O segredo, trasladado ao plano onde reside a verdadeira cuestión, é o segredo do desexo”.

Até a mensaxe da sombra, do espectro do seu pai, o soporte do mundo de Hamlet é Ofelia. Forma parte del mesmo. Debido ao efecto directo do encontro co pai morto, Hamlet declara o seu adeus a Ofelia. Trátase dun estrañamento da súa amada que non é senón o modo en que se traduce unha estrañeza (unha amputación simbólica) respecto de si. Tocado pola castración no pai, Hamlet xa non é el mesmo. Lacan sitúa o adeus a Ofelia de Hamlet como unha renuncia ao falo (a Ofelia).

Hamlet está de loito pola morte do seu pai, quen ademais lle anuncia que el mesmo foi atravesado pola desorde. Prexudicado pola envexa e a cobiza, o universo de Hamlet cambaléase, esvaécese, e Ofelia xa non é a que era porque el tampouco é o mesmo. Entón, Hamlet tolea.

ofelia--644x362No drama, o cadáver de Ofelia é quen dá corpo (de corpo presente, un galano) ao obxecto perdido. O foso da tumba onde xace, enmarca o lugar dun baleiro. A perda, como un oco, sería a causa dun primeiro dó, a mágoa e o pesar por ese tal obxecto, parte de si (obxecto separable), que opera a renuncia e o sacrificio do falo e con el a posibilidade mesma do dó, da aflición e da pena.

Ofelia morta adquire outro estatuto, diferente ao fálico. O seu cadáver fai dela un obxecto imposible, causa do desexo. É precisamente no tempo en que Hamlet perde a Ofelia cando a recupera como perdida (Lacan). 

4 comentarios en “Ofelia de corpo presente

  1. ¡ Mira ! otra cosa más para anotar. A mí también me ha sorprendido el origen del “despelote”, lo desconocía. Cuánto se aprende con gente tan instruida. Lo de prosopacnosis con toda seguridad que es como tú dices. Yo habré escrito bien el nombre, pero el profesional, referente al contenido, eres tú, amigo Fidel, y te agradezco la corrección, mi error no ha sido involuntario, ha sido por desconocimiento. Lo corregiré y anotaré también , DESPELOTARSE.
    Y ahora, como en la cocina seguramente te llevaré la delantera, te digo que en la receta de “as filloas”, te ha faltado un ingrediente muy necesario: la ralladura de limón. Indispensable. Mi paladar las exige con leche, pero si te gustan más con agua…
    Un día prueba a rellenarlas con crema pastelera ( una buena cucharada en cada una) las doblas por las cuatro esquinas ( quedan rectangulares) y vuelves a meterlas en la sartén en abundante aceite con una monda de limón entera. Cuando están doraditas las sacas y… Pocos postres se le pueden comparar.
    Ya ves, YO DE TODO TE DOY.
    Biquiños palmeiráns cheos de azucre revolto en buñuelos, orellas e filloas.

  2. Está moi ben canto dis, atenta e curiosa Magdalena. O amor ás palabras é un amor apaixonado ao coñecemeto. Saber unha materia é, nin máis nin menos, que coñecer as súas palabras.
    Se eu FALO, ela FALA.
    Unha das etimoloxías que máis me sorprenderon foi con respecto a DESPELOTARSE, que na súa orixe -hoxe en desuso na RAE, e só se refire a estar espido-, deriva do costume que as damas de alta alcurnia tiñan antes de deitarse: alisar os cabelos, é dicir, eliminar as “pelotas”, as greñas, do pelo enmarañado. Se mo permites, unha corrección: cando falas de Propacnosis, estás a referirte a Prosopagnosis ou Prosopagnosia, de prosopon (aspecto, cara) e agnosia (descoñecemento, incapacidade de recoñecer). Perdoa este inciso que sei que se debe a un erro involuntario. Grazas pola túa sempre interesante e ilustrada achega. E polas filloas. Eu prefiro as máis humildes: de fariña, sal, auga e ovos. Tampouco lle fago ascos ás de leite ou de caldo. Adoito acopañalas cun chisco de mel ou leite condensado. Mañá mesmo voume pór á faena de elaborar unhas orellas. Saúde e bos entroidos.
    A BREVE VERBA.

  3. Querido Fidel: Ayer fui incapaz de contestarte, no se me ocurría nada que pudiese ser un poco compatible con el tema que nos has proporcionado pero, después de escuchar a la portavoza Irena Montera, se me encendió una pequeña lucecita. Me acordé que tenía un poco abandonada una de mis libretas, exactamente la que tengo calificada con el título de: “SIGNIFICADO DE LAS PALABRAS”.
    El comienzo de tu artículo reza de esta manera.- “… Ofelia é Ophalos…” me hizo gracia, pero caí en la cuenta de que efectivamente, ese juego de palabras que tú tanto practicas y que a mí también me hace pensar y al mismo tiempo retrasar un tanto el deterioro de mis neuronas, no es unicamente un juego, es desdoblar su significado. Fui a buscar mi libreta, y abandoné a Antón, bueno, a su novela. Busqué el topónimo : -La Mancha. Significado: La Mancha = La seca. Continué mirando y marqué uno que me pareció muy interesante. Trepa = Carrierista, ( los carrieristas del Vaticano son trepas) ¡caray!. Continué anotando y esta vez me pareció digno de mención, Koala = animal que no bebe. o, Códice, raíz del vocablo latino Códex = tronco de un árbol. Y esta otra tan interesante (lo digo porque a mí me pasa) Prosopacnosis = dificultad para reconocer caras y nombres. También Pelargos que en griego significa Cigüeña, de ahí viene la leche en polvo Pelargón, el que yo me tomé de bebé. Y así continuaría con estos vocablos tan interesantes, pero quiero acabar con Ofelia (en el buen sentido de la palabra). “Ofelia é Ophalo”. ¿No crees que si te leyera la “portavoza” te corregiría y lo pondría de esta manera? “Ofelia é a phala”. Estos problemas de género hay que solucionarlos. La R.A.E. Se ha quedado muy anticuada. ¡¡ Qué absurdo Dios mío !!
    Como despedida quiero contarte que hace muchos años conocí a una cubana que se llamaba Ofelia, tenía la nariz que además de muy prominente el ángulo lobular acababa en bola, ( el poeta Cyrano de Bergerac, era chato a su lado ), menos mal que desconocía el significado del nombre de Ofelia, porque de saberlo, igual al mirar a la muchacha se me escapaba una malvada risita.
    Bueno, y ahora sin maldad, como estoy ÁVIDA DE DÁDIVA te mando carantoñas carnavalescas con filloas incluidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>