Arquivo da categoría: Ensaio

A paixón e a culpa

af376d6f61901562a9892b0f81dee752--august-osage-county-play-the-oldFrancisco Ant. Vidal Blanco. Este Na-dal souben a historia de dous norteamerica-nos que eran amigos desde hai máis de 60 anos, compañeiros de escola e do mesmo equipo de fútbol que compartían o descoñe-cemento da súa paternidade, un era adoptado e o outro non tiña pai coñecido, polo que ambos decidiron inscribirse nun banco de datos de ADN con intención de atopar ós seus verdadeiros proxenitores Seguir lendo A paixón e a culpa

Sempre en Rianxo

Removable-wall-sticker-The-Dance-of-Youth-wall-decal-art-musical-notes-wall-covering-sticker-for.jpg_640x640X. Ricardo Losada. O gran escritor e periodista Manuel Jabois titulou Rianxo se sacude el horror un artigo publicado no xornal El país sobre a aparición do cadáver de Diana Quer na miña vila natal. Dicía: “Lo primero que ha hecho Rianxo en 2018 es sacudirse el horror”, en referencia ao pleno extraordinario do concello convocado a mañá do 1 de xaneiro. Non é certo. O primeiro que fixemos os rianxeiros en 2018 foi celebrar o ano novo tomando as uvas e cantando as vellas cancións do folclore popular. Seguir lendo Sempre en Rianxo

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVII. O Licenciado Molina

Portada_Descripcion_del_Reyno_de_GaliziaRomán Arén. Durante séculos case nada se sabía da biografía do autor de Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (Mondoñedo, 1551), agás que era licenciado e non galego. Hoxe sabemos algo máis: cóengo en Mondoñedo, de orixe malagueña, ocupou cargos de importancia e en 1550 era Xuíz do Fuero. Morreu entre 1572 e 1577, pois neste ano xa non figuraba nas actas do Cabido mindoniense. É un firme defensor e descritor das nosas cousas e só no caso do galego é ambiguo. A obra está escrita en 130 octavas de versos dodecasílabos; 118 levan unha glosa en prosa. Reeditada varias veces, hoxe conta con tradución galega a cargo de J. P. Ferrero (Noia, Toxosoutos/Orbigo, 2003). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVII. O Licenciado Molina

Carta a un profesor mozo, de Philippe Meirieu

CARTA A UN portada OK.inddFidel Vidal. “O esencial do que digo, vénme dunha tradición pedagóxica… que de Erasmo a Ferrer, de Itard a Oury, de Antón Makarenko a Xoán Bosco, de Pestalozzi a Marta Mata, nos fai vivir este soño aloucado: non se resignar endexamais ao fracaso dun alumno (…)  Esteamos orgullosos, xuntos, deste soño”. As palabras de Meirieu, un dos pedagogos e intelectuais máis influentes da Francia actual, poden facer de introdución a este ameno e instrutivo libro que, en forma de carta, escribiu Philippe Meirieu no 2005, reeditado no 2013 e que, traducido ao galego por Henrique Harguindey (Carta a un profesor mozo, Ph. Meirieu, Kalandraka, 2017) aparece nas nosas librarías coa ledicia do propio autor: “estou feliz de que esta Carta a un profesor mozo sexa traducida ao galego”. (p.12) Seguir lendo Carta a un profesor mozo, de Philippe Meirieu