Fidel Vidal. O señor Münster forma volume con outra novela que se impón no título, A nosa alma (Siruela, 1990) que vai sobre o mito de Eros e Psique seguindo os pasos de Apuleyo, e onde volve aparecer Nivasio Dolcemare. O texto acompáñase de tres sorprendentes litografías do propio autor, Alberto Savinio (1891-1952). Este singular escritor, do que aconsello a súa formidable Nova enciclopedia, é o pseudónimo de Andrea de Chirico, irmán do pintor Giorgio de Chirico. Foi amigo de Apollinaire e tivo contacto coas vangardas da época: Picabia, Cocteau, Max Jacob, Picasso. Malia nacer en Atenas, para Leonardo Sciascia é un dos mellores escritores italianos de século XX. Seguir lendo O señor Münster, de Alberto Savinio
Arquivo da categoría: Ensaio
No ceo non usan gafas
X. Ricardo Losada. Tras colgar un comentario neste blog, Carmen engadiulle unha marabillosa posdata intentando xustificar a pouca coherencia do que acababa de escribir: Desde que he empezado a escribir este panfleto, se me ha quedado cuatro veces pegado a la pantalla del ordenador el puntero del ratón. Entre tanto: se ha achicharrado la comida (de ello he dado fe gráfica a Magdalena); he ido a la peluquería, he perdido las gafas; por ser el cuarto aniversario de la muerte de mi madre, a misa sin gafas; Seguir lendo No ceo non usan gafas
A medida do tempo
Antón Riveiro Coello. Nestes días pasa-dos de Nadal volvemos á casa e botamos de menos os que xa non están, que a cada volta son máis numerosos. Esta falta convoca en nós unha saudade que se multiplica con certas rutinas do pasado e con eses progra-mas de televisión que, nunha especie de déjà vu, fomentan a idea de que o tempo só é unha construción da nosa mente. Mais non. O tempo pasa dun xeito inexorable e non parece deixar respiro, nin tan sequera no Nadal. Seguir lendo A medida do tempo
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVI. Narciso de Heredia
Román Arén. É raro atopar o nome de Narciso de Heredia e Heredia, segundo marqués de Heredia, nas antoloxías de poesía decimonónica. Nacera en París en 1832, e en 1857 publicou Poesía, volume que en 1912 coñeceu unha terceira edición; foi ademais autor da obra Verdades en pocas palabras (1895). Faleceu en Madrid en 1912. O seu libro, que en 1879 titulou Poesía y artículos, estaba prologado por Menéndez Pelayo, que o caracteriza como poeta intimista e non descritivo. Para José María de Cossío (Cincuenta años de poesía española (1850-1900), 1960), estivo influído por Frei Luis de León, e ademais con afección ás escenas familiares, próximo, pois, a V. W. Querol. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVI. Narciso de Heredia