Arquivo da categoría: Ensaio

Pesca e diamantes en Namibia

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. A terra só ocupa o 30 % da superficie do planeta, un anaco de mundo que levamos explo-tando desde tempos inmemoriais, men-tres no outro 70 % permanecen sen tocar infinidade de riquezas asolagadas. En Ga-licia sempre nos consideramos uns adian-tados na explotación de recursos mariños, unicamente pola cuestión pesqueira, da que, sen dúbida somos unha potencia. Seguir lendo Pesca e diamantes en Namibia

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXIII. O mestre de Martí

mendiveRomán Arén. Sabemos que o libertador de Cuba, Martí, coñecía a obra de Rosalía de Castro e sabe-mos que a cita na súa obra. Quizais ese coñecemen-to o tivese a través de Rafael María MENDIVE (1821-1886), o seu mestre e profesor. Poeta e xorna-lista, comezou a publicar <Correo de Trinidad> en 1839, para ser logo redactor de <Flores del Siglo> (1845). Secretario da sección de literatura do Liceo de La Habana, fundou <El Artista> en 1848. Viaxeiro por Europa en 1844 e 1851 e colabora nas revistas máis importantes de Cuba do seu tempo. Estivo preso polos españois en 1869 e logo foi confinado en España, pero pasou a Nova York, onde viviu entre 1869 e 1878. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXIII. O mestre de Martí

Un artista da fame, de Franz Kafka

fameFidel Vidal. Ademais dos motivos relixiosos (o xaxún pola Coresma), políticos ou de protesta (folgas de fame), ou por razóns médicas (dietas especiais), houbo outras formas de pasar sen comer, coma os profesionais que xaxuaban por mor de daren espectáculo, diversión para a xente. Eran tempos de pobreza nos que estes homes gañaban o sustento de mañá pasando fame hoxe. Se noutrora -estamos a falar de finais do século XIX e principios do XX- abondaban as representacións dos “xaxuadores”, tempo despois deixaron de se exhibiren por falta de interese no público. Seguir lendo Un artista da fame, de Franz Kafka

Blasfemando contra Disney

fabula-rana-y-escorpionX. Ricardo Losada. CONTO. Nun río vive unha ra que axuda a outros animais a cruzalo. Un día pídello un escorpión. “De ningunha maneira”, di a ra, “seguro que me inxectas un veleno e morrerei”. “Como vou facer iso!”, retruca o escorpión, “fundiríaste no río e eu, que non sei nadar, seguiría a mesma sorte”. A ra, convencida polo razoa-mento, acepta, e cando están no medio do río, o escorpión pícaa. “Por que?” Seguir lendo Blasfemando contra Disney