Pesca e diamantes en Namibia

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. A terra só ocupa o 30 % da superficie do planeta, un anaco de mundo que levamos explo-tando desde tempos inmemoriais, men-tres no outro 70 % permanecen sen tocar infinidade de riquezas asolagadas. En Ga-licia sempre nos consideramos uns adian-tados na explotación de recursos mariños, unicamente pola cuestión pesqueira, da que, sen dúbida somos unha potencia. Pero hai máis que peixe no fondo do mar.

A día de hoxe Galicia estende as súas redes por todos os mares do mundo, e dalgúns deles podemos dicir que foron descubertos polos nosos en canto a explotación se refire. En Namibia, por exemplo, grandes empresas de capital (inicial) galego teñen alí a súa sede e non menos de 50 barcos faenando cada día, xerando unha riqueza que, en palabras dos namibios, non queda alí, senón que vén para Europa, e non me atrevo a dicir que vén para Galicia, porque as grandes armadoras teñen a sede fiscal en Madrid e quen non a ten xa está pensando nas vantaxes de vivir na Corte, porque San Caetano está ó que lle mandan e na práctica nin corta nin pincha. Son empresas que nacidas aquí emigraron á capital para despachar barcos a golpe de teléfono, e crearon filiais con empregados nativos que se conforman cun salario moito máis baixo co de calquera profesional galego, empresas que desde hai máis de cincuenta anos industrializaron lugares outrora tan desérticos como Walvis Bay, unha inversión que moitas veces se sustentou na influencia exercida sobre a política local a base de repartir cadeiras como mordazas en consellos empresariais. Pero como todo nesta vida, tamén esa influencia vai tocando ó seu fin.

pescaEmpezouse falando da sobre-explotación dos caladoiros, e efectivamente así é, pois as capturas superan con moito ó que debería permitir unha recuperación dos bancos de pescada. Pídese pois un paro biolóxico que permita a súa recuperación. E non sería malo, se non fose porque detrás dese paro que apartará dos caladoiros namibios os buques factorías veñen abríndose paso os buques mineiros, dedicados a remover as areas do fondo para a extracción de fosfatos e diamantes. Á fin, baixo todo ese 70 % de fondo mariño do planeta consérvanse incontables vetas de minerais que aínda non foron explotadas e a maioría dos recursos enerxéticos. Xa sabemos do petróleo e gas nos mares irlandeses ou do telurio nas Canarias, que van expulsando ós mariñeiros de rede para darlle entrada ós de pico e pa. O ouro e a prata, o cobre ou o manganeso tamén se encontran en cantidades suficientes noutros caladoiros como para que a súa extracción desde a superficie sexa rendible. Pero, ¿ata que punto é prudente?.

O temor dos pescadores e de todas as empresas de transformación e distribución aquí instaladas, está en que unha extracción deste tipo provoca grandes movementos no leito mariño e a destrución da flora e fauna dos fondos, e sen ela xerarase algo así como un deserto onde non haberá algas para os peixes, sexan vexetarianos ou carnívoros. Estamos pois ante un dilema que lle afecta directamente á industria pesqueira galega, aínda que teña a sede fiscal en Madrid e a metade da tripulación en África. Outro banco pesqueiro de onde teremos que emigrar, a troco dun puñado de diamantes que serán explotados por unha empresa de Omán, que asemade pagará uns bos soldos de asesores sen palabra ós potentados namibios que asinaron tal explotación.

Un comentario en “Pesca e diamantes en Namibia

  1. La ambición suele llevar a los hombres a hacer las cosas más viles querido Francisco, porque como decía el filósofo: “Cuando se trata de dinero todos son de la misma religión”.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *