Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXIII. O mestre de Martí

mendiveRomán Arén. Sabemos que o libertador de Cuba, Martí, coñecía a obra de Rosalía de Castro e sabe-mos que a cita na súa obra. Quizais ese coñecemen-to o tivese a través de Rafael María MENDIVE (1821-1886), o seu mestre e profesor. Poeta e xorna-lista, comezou a publicar <Correo de Trinidad> en 1839, para ser logo redactor de <Flores del Siglo> (1845). Secretario da sección de literatura do Liceo de La Habana, fundou <El Artista> en 1848. Viaxeiro por Europa en 1844 e 1851 e colabora nas revistas máis importantes de Cuba do seu tempo. Estivo preso polos españois en 1869 e logo foi confinado en España, pero pasou a Nova York, onde viviu entre 1869 e 1878. Tras a paz de Zanjón, volveu a Cuba e dirixiu o <Diario de Matanzas> e exerceu como docente. Como poeta é autor de Pasionarias (1847) e Poesías (1860), ademais da peza teatral Gulmara (1848). Sabemos da súa afección a Rosalía de Castro por Xosé Neira Vilas (Memoria da emigración, 1994), quen reproduce dous fragmentos do seu poema “A la ilustre poetisa gallega Rosalía de Castro de Murguía”:

Amabas tú la tierra en que naciste/ con tan profunda fe y ardiente anhelo,/ que para todos los que lloran, fuiste/ inagotable fuente de consuelo./ A mí también me consolaste un día/ en horas de amarguísimos pesares,/ y fuera ingrato yo si el alma mía/ un instante olvidara tus Cantares…/ Recibe tú que has muerto en plena gloria/ tras ti dejando luminosa huella,/ este obsequio de Cuba a tu memoria…/¡Y pide al cielo que se apiade de ella!

Mendive é figura moi respectada en Cuba e a bibliografía sobre a súa vida e a súa obra é bastante ampla. Entre outros, ocupáronse de Mendive, Lezama Lima, Jorge Mañach, Cintio Vitier e Salvador Bueno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *