Arquivo da categoría: Ensaio

Letras de morte e liberdade

DCbkrsOUAAA_fCkXerardo AgraFoxo. Este interesante e comprome-tido libro, publicado pola Comisión para a Recupe-ración da Memoria Histórica do Barbanza, comeza cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero, unhas PALABRAS INTRODUTORIAS onde se explica a natureza da obra: ”Dous republicanos de Ribeira escriben ós seus seres queridos cando sospeitan ou xa teñen a certeza de estaren condenados á morte: José Sieira González e José Lijó Louro, fusilados en Boisaca (Santiago) o 29 de xaneiro de 1939”. Baixo o título DEZ DÍAS DE XULLO EN RIBEIRA, coñecemos os integrantes do Comité de Defensa da República en Ribeira, que serían fusilados uns meses despois. Seguir lendo Letras de morte e liberdade

A sociedade do espectáculo, 50 anos despois

socieGonzalo Trasbach. Xullo de 1968. Camiño de Londres vía Calais, atraveso París desde a Gare du Sud até a Gare du Nord. No chan das rúas e das calzadas, no inmobiliario urbano e nas paredes dos edificios aínda quedan sobras e pegadas da insurrección que tivo lugar durante a primavera e conmocionou Francia e tamén o resto de Europa. Un aínda se atopaba felizmente nas nubes e non sabía de nada diso. Aquel acontecemento bautizárono coma Maio do 68 e resultou ser un feito chave nas conversas universitarias de Santiago nos anos posteriores, coido que especialmente do 70 en diante. Seguir lendo A sociedade do espectáculo, 50 anos despois

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXII. Ventura Ruiz Aguilera

venturaRomán Arén. Ventura Ruiz Aguilera (1820-1881) estivo moi relacionado con tres das grandes figuras do Rexurdimento galego: Murguía, Rosalía e Curros. Poeta importante no seu tempo, aínda hoxe presente nas antoloxías, foi famoso polos seus Ecos nacionales (1849 e 1854), por Armonías y cantares (1865), pero tamén pola sátira La Arcadia Moderna /1867) e polas Elegías (1862). Foi tamén dramaturgo (Del agua mansa nos libre Dios, 1847) e novelista: El beso de Judas (1860) e El mundo al revés (1865). Outros libros seus de poesía son Libro de las sátiras (1874 e 1884) e Poesías (1880). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXII. Ventura Ruiz Aguilera

Ética del desorden ou o pensar analfabeto

aquetaciÛn 1Pedro Ferrández. “Á hora de pensar, o home non necesita máis escola que os mil embates cos que nos asedia a violencia de vivir” (Ignacio Castro). O pensar analfabeto é un termo utilizado por José Bergamín: “Todos os nenos, mentres o son, son analfabetos”. Iso escribe nun texto do ano 1930, A decadencia do analfabetismo. É dicir, para Bergamín, analfabetismo e inocencia van da man. Para o pensar analfabeto a recuperación desa inocencia, o asombro do neno, é fundamental. Remite moito Bergamín ao analfabetismo popular grego que el chama “albas da aurora, a pura ignorancia espiritual, a clara apetencia celeste”. Seguir lendo Ética del desorden ou o pensar analfabeto