Letras de morte e liberdade

DCbkrsOUAAA_fCkXerardo AgraFoxo. Este interesante e comprome-tido libro, publicado pola Comisión para a Recupe-ración da Memoria Histórica do Barbanza, comeza cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero, unhas PALABRAS INTRODUTORIAS onde se explica a natureza da obra: ”Dous republicanos de Ribeira escriben ós seus seres queridos cando sospeitan ou xa teñen a certeza de estaren condenados á morte: José Sieira González e José Lijó Louro, fusilados en Boisaca (Santiago) o 29 de xaneiro de 1939”. Baixo o título DEZ DÍAS DE XULLO EN RIBEIRA, coñecemos os integrantes do Comité de Defensa da República en Ribeira, que serían fusilados uns meses despois. Logo veñen os capítulos máis arrepiantes, onde coñecemos as BIOGRAFÍAS DE JOSÉ SIEIRA GONZÁLEZ, que escribiu cinco cartas dende a prisión, e a de JOSÉ LIJÓ LOURO, que lle remitiu á súa familia quince misivas. Despois coñecemos a DOCUMENTACIÓN DO CONSELLO DE GUERRA, que se celebrou en Santiago de Compostela o primeiro de setembro de 1936, contra os integrantes do devandito Comité de Defensa da República en Ribeira. A obra remata cuns POEMAS CON OCASIÓN DA XUNTANZA POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DO BARBANZA EN RIBEIRA, XUÑO DE 2013, uns versos  de homenaxe tecidos polos escritores Xabier L. Marqués, Eme Cartea e Antonio Piñeiro.

 Tan “agradecido e honrado”, como se mostra o profesor Alonso Montero por escribir o limiar, nos sentimos nós por realizar esta  sinxela recensión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *