Todos somos pirómanos?

BO27C3F1_214844Xulio Guitiérrez. Hai vinte anos que veño explicando as diferenzas entre causas, cir-cunstancias e formas de ignición dos incendios forestais. Ante a confusión conceptual creada por algúns opinadores, cuñados e tutólogos, vaia unha vez máis.As causas de fondo son remotas: unha profunda transfor-mación da paisaxe rural desde finais do século XIX e principios do XX debida ao éxodo da poboación rural cara ás cidades e vilas.

A amplísima reforestación nos anos 50 e 60 con especies de crecemento rápido (principalmente piñeiros e eucaliptos) que antes eran monte aberto, monte baixo e pastos. Práctica que se mantén na actualidade.

A acumulación de inmensas cantidadas de biomasa nas plantacións forestais, tanto en árbores como en matogueira que xa ninguén utiliza. Ollo, as especies pirofitas como piñeiros e eucaliptos non causan incendios, pero magnifican os lumes que os atinxen.

A progresiva eliminación do bosque autóctono (bosque verdadeiro) substituído por plantacións forestais (que non son realmente bosques). Durante moitos anos mantívose un mosaico razoable entre elas que actuaba como cortalumes natural, pero hoxe as plantacións forman un todo continuo que facilita a progresión das lapas.

A case completa desaparición da fauna de grandes mamíferos: lobo, teixugo, cervo, corzo, etc. Os grandes herbívoros mantiñan libre de maleza o bosque antigo e os carnívoros alimentábanse en gran medida deles, controlando as poboacións.

Circunstancias

As circunstancias tamén son variadas:

A utilización por parte da poboación rural de prácticas de xestión antano apropiadas e hoxe perigosas, como a utilización do lume para abrir pastos e limpar maleza. Hai que salientar que a cultura do lume horroriza os urbanitas, pero está moi ben establecida na mentalidade rural.

A extinción dos lumes forestais págase con cartos públicos. Antes con medios da administración ambiental e hoxe externalizada a empresas dun lucrativo negocio. Se os propietarios do monte tivesen que facer fronte directamente aos custes da extinción, ou no seu defecto á contratación de pólizas de seguros, non cambiaría a xestión das plantacións forestais?

O cambio climático chegou para quedarse e, moi previsiblemente, incrementará os seus efectos, entre outros máis seca en primavera e outono, máis fenómenos anómalos como os ciclóns extratropicais e máis frecuencia de condicións 30/30/30.

Formas de ignición

As investigacións apuntan a: causas naturais (raio) en contadas ocasións; descoidos ou neglixencias (incendios provocados non intencionados) a maioría, incluindo pequenas queimas que «se van das mans» e se converten en grandes incendios; vontade de queimar (incendios intencionados), que representan unha porcentaxe notable. Nestes últimos hai pirómanos patolóxicos, vinganzas entre veciños e asuntos persoais varios. Nin trazas de tramas organizadas aínda que existe un evidente efecto chamada cando se dan ciscunstancias propicias.

Múdense as políticas atendendo a criterios racionais e detéñase esta irresponsable fuxida cara adiante.

Por certo, alguén pode explicar como é posible que o argumentario político de goberno e oposición na crise incendiaria do 2006 é exactamente a mesma que na de 2017 salvo polo pequeno detalle que daquela gobernaban uns a agora outros?

Un comentario en “Todos somos pirómanos?

  1. Qué interesante, Xulio ! Y respecto a tu pregunta de que si los propietarios tuvieran que pagar una póliza… Seguro que otro otro gallo cantaría. Álguien debería hacérselo pensar.
    Saludos palmeirans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *