Arquivo da categoría: Ensaio

O delito como destino

cainFidel Vidal. O primeiro asasinato da historia da humanidade foi cometido por un labrego chamado Caín, primoxénito, que mata por celos o seu irmán, o pastor Abel. O día en que ambos os dous levaron ofrendas ao Señor, este aceptou soamente as primicias do gando de Abel rexeitando os froitos de Caín. Caín montou en cólera –debido á envexa causada pola decisión do Señor- e matou a Abel. Ao pouco o Señor, como se non o soubera, pregunta cinicamente:

-Onde está o teu irmán Abel? Seguir lendo O delito como destino

Celebrando Barbantia

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Pilar Sampedro. Hai certo tempo, a Asociación cultural Barbantia entregou os seus premios anuais, que neste caso recaeron en Aurora Marco, Manuel del Río e Ámbar, nun acto no que ademais se presentou o Anuario de Estudos do Barbanza. Un sábado pola mañá, no que tivemos ocasión de recoñecer o bo facer desta entidade e, tamén, o magnífico enclave da casa da cultura de Outes. Seguir lendo Celebrando Barbantia

Rituais e protocolos

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Os pa-os da vida, nacemento, casamento ou funerais, tiveron sempre, en todas as épocas e lugares, un ritual propio, que de tan arraigados non se entenden sen eles, tanto que ata se fai difícil quitarlle esa carga relixiosa que perdura na maioría dos casos a pesar dos 40 anos de estado laico en que vivimos. Seguir lendo Rituais e protocolos

O cárcere da natureza

por-que-en-la-carcel-deberian-poner-documentales-de-naturaleza_ampliacionX. Ricardo Losada. Está de moda Walt Whitman, e paréceme ben pois hai unha parte da súa forma de enfrontarse ao mundo que me gusta moito, e que está moi ben exemplificada nunha anécdota. Thoreau, un amigo, visítao no cárcere, e pregúntalle como é posible que un home coma el estea alí. Whitman respóndelle: “Como é posible que un home coma ti estea fóra?” Seguir lendo O cárcere da natureza