Ignacio Castro Rey. Xeneralizar é abusi-vo e perigoso. Mesmo cruel, esaxerado, inxusto. Pero sen xeneralizar non se pode pensar nin discutir nada, xa que entón quedamos só en casos particulares, onde cada un é fillo de súa nai e pouco hai que dicir. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (I)
Arquivo da categoría: Ensaio
Preguntas sen resposta

Francisco Ant. Vidal Blanco. Certa-mente, hai preguntas que non teñen resposta e outras que non se contestan por educación ou porque non se sabe que dicir. Tamén hai respostas que se dan sen pensar e outras que se dan por rutina. Pero como queira que sexa, as preguntas máis difíciles non son interrogativas, senón afirmacións de dubidosa concordia, que nos fan preguntarnos que hai de certo no dito. Seguir lendo Preguntas sen resposta
Natureza e cultura
Fidel Vidal. A natureza non sabe de prohibicións inscritas nunha lei. Os cans, malia a insistencia dos criadores en lles organizar unha xenealoxía, non obedecen, agás pola forza ou adestramento, as prohibi-cións propostas polos amos. Quen manda é o instinto. A lei da prohibición do incesto é un invento puramente humano que vai pór unha barra, unha barreira, entre cultura e natureza. Seguir lendo Natureza e cultura
Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio
Román Arén. Clarín, crítico literario moi temido entre 1880 e 1900, tiña por “bestas negras” na poesía española a Fernández Grilo e a Velarde, pero ademais afirmaba que en España había dous poetas e medio: Núñez de Arce, Campoamor e, o medio, Manuel del Palacio; fácil versificador e ás veces inimigo de si mesmo por esa facilidade. Presente aínda en antoloxías importantes como a de Jorge Urrutia Poesía española del siglo XIX (Madrid, Cátedra, 2008), Palacio nacera en Lleida en 1831, onde seu pai era militar, pero pasou parte da súa infancia en Galicia, na Coruña, onde estudou náutica, comercio e debuxo, ata a súa marcha a Madrid en 1846. foi deportado por política a Porto Rico pero volveu coa Gloriosa en 1868. Cultivou todos os subxéneros poéticos: narrativo, lírico, popular, pero destacou na poesía satírica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio