Fidel Vidal. Bobok en ruso significa feixón, faba pequena, algo insignificante e cativo, mais tamén, seguindo os pasos dunha onomatopea, se se repite, pódese dicir da fala inintelixible, dun farfallar. Mesmo das derradeiras boqueadas dunha fala. Bobok -o conto máis hiperbólico e fantástico que escribiu Dostoievski-, segundo algúns autores (Nogales-Baena) puido influír no Pedro Páramo de Juan Rulfo, xa que logo, en ambos os dous, os mortos falan, os defuntos -mortos falantes-, conversan entre eles. Conversacións con trazos alucinatorios que o alcohólico Ivan Ivanych escoita no cemiterio e nos relata o que alí embaixo sucede. Seguir lendo Bobok, de Dostoievski
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX
Román Arén. A popularidade de Macías como amante e a súa lenda permiten afirmar que ata Rosalía de Castro foi ao poeta galego máis popular na literatura castelá, personaxe de dramas (Larra), novelas, e cantado por Juan de Mena, o marqués de Santillana, Rodríguez de Padrón, Guevara, Lope de Vega, Calderón, Quevedo, Garci Sánchez de Badajoz, Vicetto, Vázquez Queipo… Un dos que cita a Macías é o músico-poeta Gregorio Silvestre. Nado en Lisboa en 1520, en 1541 gañou a praza de organista da catedral de Granada. Amigo de Hurtado de Mendoza e de Barahona de Soto, é un poeta de transición entre a escola tradicional española e a escola italianista. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Gregorio Silvestre. CLIX
Sexo y silencio, nova obra de Ignacio Castro
Gonzalo Trasbach. Sexo y silencio é a decimo oitava obra que publica o escritor, profesor de Filosofía e crítico de arte e cine Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952). É tamén a terceira que ve a luz baixo o potente selo valenciano Pre-Textos. Nas 250 páxinas deste volume o filósofo santiagués proponse pór en orde toda unha seriede experiencias que viviu e perturbárono nalgúns intres da súa intensa traxectoria vital, aínda que axiña fai unha puntualización: <sendo como é un libro que contén unha fonda carga de confesión persoal, en absoluto se trata dunha obra autobiográfica>. Mais tamén recoñoce que o expón sen ningún pudor, nin rubor. Seguir lendo Sexo y silencio, nova obra de Ignacio Castro
O achado dos petróglifos de A Costa

Juan Antonio Dieste Meis/Víctor Barbeito Pose. A estas alturas a ninguén lle pode sorprender o descubrimento dun gravado rupestre na comarca do Barbanza. Cóntanse por centos, sobre todo logo dos traballos levados a cabo no termo municipal de Porto do Son que fixo aflorar ducias deles. Mais no termo municipal de Lousame non se chega á ducia, cun número anormalmente reducido de restos arqueolóxicos. Seguir lendo O achado dos petróglifos de A Costa