Antón Riveiro Coello. Heráclito dicía que esperamos coa esperanza de non esperar nunca máis. Non hai moito, en La Voz de Galicia, aparecía unha nova sobre a posición de Galicia na clasificación española das listas de espera nos hospitais. Segundo os datos divulgados polo Ministerio de Sanidade, aquí seica esperamos máis que os vascos e os madrileños e moito menos que os cataláns e os canarios. Seguir lendo Esperar máis ou menos
Arquivo da categoría: Ensaio
A fin dos sermóns
X. Ricardo Losada. Pasei moitos anos negándome a botar protección solar, a pesar de que as persoas que me rodeaban reco-mendábanmo con teimosía. Xa sabedes os argumentos. Cancro de pel, e esas cousas. Eu sempre lles dicía o mesmo. Tomar o sol protexido con cremas é como facer o amor con preservativo, unha traizón á sagrada Natureza. Hoxe protéxome, e recoméndolle a todo o mundo que o faga. Seguir lendo A fin dos sermóns
Paa-taa-ta!
Fidel Vidal. “Antes de toda palabra o neno ri. O mecanismo fisiolóxico da risa está sem-pre vinculado ao sorriso, e este coa distensión, cunha certa satisfacción”. Rela-cionada precisamente co que Lacan denomi-nou o “máis alá” da demanda e do inmedia-to. A resposta muscular que xera un sorriso espontáneo (ou de Duchenne) é produto dun impulso xerado nos ganglios basais como resposta a procesos do sistema límbico Seguir lendo Paa-taa-ta!
Palabras con memoria

Francisco Ant. Vidal Blanco. Men-tres a edición de libros en castelán, catalán e vasco aumenta, en galego cae máis dun 13 %, segundo publicou o Mi-nisterio de Educación e Cultura. E falando con amigos escritores, todos me din o mesmo, que teñen o caixón ateigado de orixinais que as editoriais, por lóxica comercial máis ca por interese literario, non se molestan en editar. Seguir lendo Palabras con memoria