Arquivo da categoría: Ensaio

O Edipo de Sófocles

resumen-del-libro-edipo-reyFidel Vidal. A historia de Edipo comeza no criminal e severo trauma (físico e psicolóxico) dun neno a mans de quen debería protexelo e coidalo: o seu pai e a súa nai (biolóxicos). O neno Edipo –nacido de Laio e Iocasta, rei e raíña de Tebas, advertidos polo oráculo de que o seu fillo está destinado a matar o seu propio pai-, é mutilado atravesándolle os pés cun cravo coa intención de o asasinar. Salvado por un pastor, posteriormente foi criado polo rei e pola raíña de Corinto aos que considera os seus verdadeiros pais. E son en realidade os seus verdadeiros pais; os outros só o concibiron: o feito de ser xenitor(a) non configura unha paternidade, nin sequera unha maternidade. Mais alguén fai dubidar a Edipo sobre o seu futuro e consúltao no Oráculo de Delfos. Seguir lendo O Edipo de Sófocles

Apocalipse xovialmente integrada (IV)

p01dr3lsIgnacio Castro Rey. Exemplarmente, nesta inmadureza unisex, no narcisismo expandido que –ata os setenta- esixe un divorcio perpetuo de calquera compromiso. Para empezar, cun complexo pasado. Cando algúns maiores parecen pórse duros e esixentes, ás veces só intentan compensar o líquido amniótico no que viven os seus fillos con certa ironía, á forza analóxica e cruel. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (IV)