X. Ricardo Losada. Cando en clase de filosofía falamos do sentido da vida, sempre lles pido aos alumnos que fagan unha reflexión persoal sobre que senten cada mañá cando soa o espertador. A maioría coincide en consideralo un dos peores momentos do día. Entón pregúntolles se non é un pouco triste que prefiramos durmir a vivir. Non podería interpretarse como un síntoma de que a nosa vida non merece a pena ser vivida? Seguir lendo Mafalda durmida
Arquivo da categoría: Ensaio
Santo Ernesto, o Che
- Imaxe: Matalobos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Á santidade pódese chegar por dous camiños: o da gratificación por facer algo rendible para a Igrexa (santa Ilduara construíu conventos e pariu a san Rosendo) ou por devoción popular (Xoana de Arco incluso foi queimada polos inquisidores antes de ser recoñecida santa). Seguir lendo Santo Ernesto, o Che
Os mapas perdidos da Arieira
Oliveira Casal. Pertence á estirpe de Juan Benet, de Salvador Pániker, de Musil: a dos enxeñeiros metidos a demiurgos literarios. Empezo dándolle a importancia que el se resta a gadoupadas de ironía marxista (a dos irmáns). O único que me pediu cando lle dixen que ía escribir sobre a súa novelística foi «inclemencia». Seguir lendo Os mapas perdidos da Arieira
Tres (ou catro) obras e un complexo
Fidel Videl. O interese desta achega pretende non tanto entender o Edipo como complexo senón comprender a Edipo como home, e así acadar un mellor entendemento e, se cabe, máis claridade sobre o coñecido complexo. Estaba ben lonxe Sófocles da que lle ía armar Freud ao pobre Edipo co seu complicado nó arredor do falo Seguir lendo Tres (ou catro) obras e un complexo
