Fidel Vidal. No século XVIII, a nova abadesa do convento de dominicas de Santa Catalina de Prato recoñeceu durante un proceso que, “dado que o noso espírito é libre, só a intención converte unha acción en malvada”. Equiparaba a éxtase mística á cópula dos amantes e descubría a vida eterna e o paraíso neste mundo, na “transubstanciación da unión do home e a muller” –Amada en el amado transformada-. Gozamos a Deus a través do acto, “por medio da cooperación de home e muller”. Concluía: “A actividade á que erradamente chamamos impura é a auténtica pureza; é a pureza que Deus nos ordena e que nós, pola súa vontade, debemos practicar; sen ela non hai camiño para encontrar a Deus, que é a verdade”. (K. Deschner, Historia sexual do Cristianismo). Seguir lendo Amor sempre humano
Arquivo da categoría: Ensaio
Naufraxio da traiñeira «José María», de Porto do Son, en 1893

Manuel Mariño del Río. É moi probable que unha das primeiras referencias ao porto sonense sexa un documento de 1398 no que «el arzobispo da en foro a Diego Rodríguez de Noya, vecino de Muros, el lugar de Noal con Puerto del Son». No século XV, Noia e Muros eran xa os dous portos máis importantes da ría. Seguir lendo Naufraxio da traiñeira «José María», de Porto do Son, en 1893
Maiúsculas invisibles
X. Ricardo Losada. Aínda que Café Barbantia é unha cafetería bastante silenciosa, é pródiga en comentarios suxestivos. Hai pouco, por exemplo, Javier Peteiro dicía que lle chamara moito a atención que Magdalena considerara que a fe “é crer o que non vemos” pois a súa opinión é xusto a contraria. El entende por fe “crer o que vemos. O que vemos co corazón, coa mente, coa alma”. E pon, como exemplo, que cre nunha flor, na faísca da herba ou nun cabalo, xa que, se pensamos na súa complexidade, decatarémonos de que non é fácil crer aínda que vexamos. “Como é posible tanta complexidade, tanta beleza?”, conclúe. “Desde o que vexo, creo nun fundamento amoroso do existente. Isto paréceme máis fácil”. Seguir lendo Maiúsculas invisibles
Resurrección e insurrección (do suxeito)
Fidel Vidal. Resucitar, do latín resuscitare, suscitare, facer mover, devolver a vida a un suxeito. Citar, citare, chamar, convocar, propiamente, pór en movemento. Excitar, do latín excitare, espertar. Resuscitare, facer resucitar, non ten relación etimolóxica con resurrección. Esta deriva de xurdir, surgere, na acepción de se alzar (insurrección, alzamento). A resurrección, vai ser, antes que nada, un alzamento contra a morte, unha verdadeira insurrección. Seguir lendo Resurrección e insurrección (do suxeito)