Resurrección e insurrección (do suxeito)

resurreccionFidel Vidal. Resucitar, do latín resuscitare, suscitare, facer mover, devolver a vida a un suxeito. Citar, citare, chamar, convocar, propiamente, pór en movemento. Excitar, do latín excitare, espertar. Resuscitare, facer resucitar, non ten relación etimolóxica con resurrección. Esta deriva de xurdir, surgere, na acepción de se alzar (insurrección, alzamento). A resurrección, vai ser, antes que nada, un alzamento contra a morte, unha verdadeira insurrección.

A resurrección nega a morte. Resucitar do medio dos mortes supón un retorno ao mundo dos vivos en carne e óso. O retorno á carne viva, en carne viva, dicimos dunha ferida dolorosa e aberta. Así era o corpo desexado e procurado por frei Juan, coa idea de conseguir, sen comer e soportando castigos, un corpo transparente, libre de carne, onde o pecado da mesma non tivera lugar por falta de material. Pecar só de espírito? Só de desexo? Sen corpo non hai gula, nin luxuria, nin sequera soños non pudorosos. Nun espírito sen corpo daríase a mellor forma de se proporcionar o ideal, o ser limpo, como un caldo limpo, insubstancial, inexpresable. No límite, ser nada para ser todo, o Todo onde se inclúe, naturalmente, a nada.

A resurrección é un alarde teatral, unha proposta válida para os cativos, para os homes cativos e cativados polos debuxos de animación salvados a cada pouco de esmagamentos e catástrofes das que saen sempre indemnes. Porque a  morte non existe para as almas inocentes. Vívese como unha viaxe ou, no peor dos casos, como un sentimento de abandono. Viviu iso o noso frei Juan cando a morte do seu pai? De aí que proxecte esa carencia nun ideal infalible, o Pai eterno, ameazante, se nos portamos mal, con nos abandonar e deixar desatendidos e á deriva. A esperanza ligada á morte como viaxe ponnos en bandexa a posibilidade do regreso. O eterno retorno á vida, ás orixes, unha constante que sen ela a nosa existencia estaría empobrecida, e necesitaríamos doutros substitutos. Para Paulo a resurrección é unha certeza e reduce o cristianismo a unha fábula: “Xesús resucitou”. Badiou aclara: “para nós é imposible crer na resurrección do crucificado”.

resurreccion1A Resurrección é un acontecemento puro, xa que o proxecto de Paulo é amosar que unha lóxica da salvación non se pode acomodar a ningunha lei nin que unifique o pensamento ao cosmos. Este acontecemento é acósmico e ilegal, non é “mediación”, como tampouco Cristo é “mediador”. Cristo é en si e para si, o que nos sucede. E que é iso que nos sucede? Que somos relevados da lei, pero non salvados, senón redimidos, emancipados. A resurrección de Cristo non é nin un argumento nin un cumprimento,

“Son quen son pola graza de Deus” (Corintios I, 15, 10). Trátase do “eu son” quen é convocado no camiño de Damasco por unha intervención absolutamente azarosa, afirma Alain Badiou (San Paulo. A fundación do universalismo). O incidente –“sucedeu”, pura e simplemente, no anonimato dun camiño- é o “signo subxectivo do acontecemento propiamente dito que é a resurrección de Cristo. En Paulo é mesmo a (re)surrección do suxeito”. Estamos, desde o cristianismo, ante o xurdimento incondicional do suxeito.

4 comentarios en “Resurrección e insurrección (do suxeito)

  1. “Deo volente”, atenta Magdalena, mesmo que o meu admirado amigo Javier Peteiro nos aporte as súas reflexións para enriquecer, canda as túas, o noso Café.
    Estou completamente de acordo en que a esencia da crenza cristiá, a propagada polo activista e converso Paulo, funtaméntase no inimaxinable, é dicir, nunha “roda de muíño”: o famoso “acontecemento”. Velaí o resultado dunha mala caída!
    Segundo François Cheng, “Deus permanece, en efecto, silencioso. Quizais estea obrigado a facelo”. Polo visto Deus ten obrigas (quizais) e unha delas (talvez) é a de permanecer en silencio. Vaites! En boca cerrada non entran moscas.
    Non sei se nunha pintada do mítico maio francés do 68, pero lembro unha que vén ao caso: “Se Deus existe o problema é del”.
    Saudiña e tres bombas de palenque para celebralo.

    1. Querido Fidel,
      Ni Dios podría hacer un triángulo que sea rectángulo y equilátero en una geometría euclídea (la que parece brindarnos para nuestra vida cotidiana). Los ejemplos abundan. Claro que tiene obligaciones y prohibiciones… Los términos helenísticos no sirven para nada desde lo que imaginar lo inimaginable.
      Exista o no exista, el problema de saber qué hacemos aquí o, lo que es más crudo, de saber qué queremos, es nuestro.
      En cuanto a la mala caída de S.Pablo, ese personaje tan peculiar, fue eficiente en términos de lo que ahora sería una campaña de marketing. Poca gente convenció tan rápido a tantos y con efectos tan duraderos. A no ser que hubiera algo más que una conmoción cerebral, pero eso ya entra en el ámbito de la creencia.
      Un abrazo,
      Javier

  2. Querido Fidel,
    “Sí. Con él, la muerte se transformó en verdadero nacimiento. Nadie ha llegado tan lejos. Sea cual sea la convicción de cada uno, podemos admitir este hecho crístico como uno de los más elevados que hayan venido a alterar nuestra conciencia”. Esto nos dice François Cheng y continúa un poco más tarde: “Las preguntas acucian sin que obtengamos respuesta. Dios permanece, en efecto, silencioso. Quizá esté obligado a hacerlo”.
    La resurrección es tan inimaginable como esencial en la creencia cristiana, concebida como confianza radical en la vida misma y en Dios, menos imaginable aun, como fundamento amoroso de lo existente y cuya realidad de algún modo misterioso nos acogerá a pesar de la muerte.
    No hay un razonamiento que sustente esa creencia, aunque la creencia use el lenguaje. ¿De dónde surge? Probablemente en muchos casos tenga razón Freud, pero es dudoso que esa explicación sea universal.
    Por otra parte, no es menos difícil creer en lo que vemos, en la realidad del mundo y su belleza, y en que estamos aquí preguntándonos cosas en una fracción infinitesimal de la historia del cosmos.
    La propia ciencia necesita de la creencia. No en Dios, pero sí en lo que fundamenta su método: la deducción lógica, la inducción y la isotropía de la legalidad física. Sin esa creencia esencial, no pocas veces cuestionada, no habría ciencia posible. Es desde ella que la explicación causal avanza pero ni ella basta para alcanzar el qué esencial. Lo Real puede ser aproximado incluso asintóticamente, pero no tocado. Lo más elemental no es intuible.
    Un abrazo,
    Javier

  3. Buenos días querido Fidel: No me cansaré de decir que tomar el café ya de mañana en Barbantia, te da un subidón que es el “sursum corda” eleva los corazones hasta lo más alto. Desconocía que había contradicción en los términos “resucitar y resurrección” , pues mira, nunca es tarde para la “corrigenda” por tanto , lo tendré en cuenta, ¿ qué se puede esperar de esta “tabula rasa” ?. Estoy segura de que “tu alter ego” Javier Peteiro estará encantado en continuar con una pequeña “addenda” no para corregir, pero siempre hay algo que añadir, y os complementáis a las mil maravillas.
    Encantada de leerte, Fidel, es siempre un placer.
    Hasta la próxima “Deo volente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *