Inventos

fellatAntón Riveiro Coello. Se un bota unha ollada á prensa é doado bater con novas sobre aparellos intelixentes que unhas veces nos facilitan a vida e outras nola complican. Estes días reparei en dúas notas curiosas: por unha banda, en Londres abren un café con varios robots que lles farán unha felación aos clientes mentres estes degusten un cortado ou un capuchino; o local seica se chama Fellatio Café. E, por outra, a posibilidade de que eses dispositivos que aspiran o chan das nosas casas, poidan vender o noso mapa íntimo a diversas compañías como Amazon, Google ou Apple.

As dúas novas non deixan de ser curiosas e preocupantes, pero decidín tomalas con prevención e ironía porque lembrei os días en que a miña avoa materna viña á casa e teimaba para que puxese a funcionar o Johnny. Ese era o nome co que ela bautizara o lavalouzas, un invento que lle parecía moito máis grande e útil que a televisión. Case sempre, despois do xantar, ela ficaba sentada na súa cadeira, envolta nun delicioso abraio, e escoitaba o rumor fabril do lavalouzas coma unha melómana dentro dunha sinfonía. roombaDaba igual que houbese poucos pratos. Se ela estaba, eu non me resistía a lle poñer un invento que a ela tanta felicidade lle provocaba.

Non hai moito, volvín lembrarme dela, precisamente cando merquei o aspirador Roomba, porque sospeitei que ficaría tamén abraiada en canto vise traballar este novo aparello. Resúltame doado imaxinala no salón, vixiando, con ese pracer distraído de quen ten vagar, o trazado aparentemente anárquico deste disco que limpa. O que xa non son quen de sospeitar é o nome que ela lles poría tanto aos robots do Fellatio Café como ao deste aspirador que, coma unha presenza inquieta, anda pola casa, espiándonos.

Esta entrada foi publicada en Antón Riveiro, Ensaio, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Inventos

  1. paideleo di:

    Na nosa casa chamámoslle ” Anastasio ” á Roomba e miña irmá chámalle ovella á súa.
    Os robotes chuchadores de Londres non sei que nome terían pero non quero probalos. Millor dito, non quero que me proben.

  2. Magdalena di:

    Gracias Antón, el viento ha sido rápido en traer la respuesta. Espero que sea así de veloz para que te lleve mi carcajada.
    Un besazo.

  3. Antón Riveiro di:

    Querida Magdalena: O lavalouzas para min é un invento que está ben cando hai moitos na casa. Aínda que o temos, usámolo pouco. Iso si, o Roomba, dende que chegou á casa, témolo explotado e limpa moito mellor ca min. En canto ao dos dentes, pois non che sei. Agardo que non porque podería ser un café cortado.
    Bicos,

  4. Magdalena di:

    Apreciado Antón:
    Igual que tu abuela prefiero el lavavajillas a la televisión porque mi espalda lo agradece más, yo lo utilizo todos los días. El Roomba aún no lo tengo, pero según mi nuera, es estupendo. A ver si los tres de Oriente allá para enero leen mi carta y hacen un hueco en medio de las gibas en donde cuelgan todos los presentes.
    Fellatio Café… ¿ Sabes si los robots tienen dientes ? Lo pregunto porque nuestro cerebro capta los estímulos sensoriales, como por ejemplo el tacto, un pinchazo en un dedo informa al cerebro de que sentimos dolor, este emite otro mensaje en sentido contrario para ordenar al dedo que se aparte de la causa del daño. El cerebro que le implantan a esos seres robóticos del citado café ¿ estarán provistos de esos estímulos ? por eso pregunto si tienen dientes, porque… imagínate que cierren la boca con esa mandíbula de acero. Bueno, aquí lo dejo, la respuesta está en ti, o en el viento, como decía Bob Dylan.
    Un abrazo palmeirán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>