Arquivo da categoría: Ensaio

“Alas”, de Belén Rodríguez

alas
«Familia», metáfora das andoriñas, é fermosísima FOTo M. CREO

Antonio Piñeiro. Recordo, dalgunha biografía ou dalgún monográfico do período impresionista, aquela estampa do artista montando, tensando e imprimando os seus propios lenzos, envorcando o pigmento no morteiro para moelo, mesturando aceites de noz, de liñaza e o po coa espátula, meticulosa, paciente-mente, no transcurso das tardes e da luz fuxidía que andaba a procurar. Algún deles deixounos a lección de que todo pode ser aproveitable para o cadro, o mesmo que todas esas facetas son elos da creación. Seguir lendo “Alas”, de Belén Rodríguez →

Carta de amor a un robot

robot1X. Ricardo Losada. David Levy, un dos grandes expertos en intelixencia artificial, escribiu hai uns anos un libro titulado Amor e sexo con robots no que vaticinaba que no 2050 as relacións sexuais e afectivas dos seres humanos con androides serán habituais, e que mesmo solucionarán os problemas das persoas sen parella. Pois ben. Así como Steve Jobs, cofundador de Apple, dixo que o móbil intelixente era “o móbil traído do futuro ao presente”, os empresarios que, inspirados nunha experiencia xaponesa, montaron o primeiro prostíbulo de monecas de Europa en Barcelona Seguir lendo Carta de amor a un robot →

Un franciscano d’A Pobra

hermo fidalgoPastor Rodríguez. Nacido n’A Pobra do Caramiñal en 1859, José María Hermo Fidalgo entrou na orde de San Francisco en 1876, desenvolvendo o seu labor misioneiro en Bolivia, Palestina e Exipto. Morreu na cidade de Pontevedra, onde era capelán do convento de Santa Clara. Relixioso moi conservador, a súa primeira obra editada foi unha Guía del peregrino en Tierra Santa, publicada en Xerusalén en 1888. En Bolivia editou na cidade de La Paz a obra La madre de los sueños, en 1899. En plena guerra civil editará Importancia del Catecismo sobre todas las Ciencias Humanas habidas y por haber (1937), pero que na capa leva por título Arriba España Imperial con el Catecismo. Seguir lendo Un franciscano d’A Pobra →

Escándalo

carteles-carnaval-coruna-2017-2_gAntón Riveiro Coello. O escándalo vai barato para a xente que se leva mal coa ironía e a diversión. Vendo a polémica do cartel de entroido que obriga o concelleiro de Culturas da Coruña a declarar diante dun xulgado, non deixo de cavilar en cantos en Xinzo estarían presos por ofender toda clase de sentimentos, non só relixiosos, por mor dunha festa que existe precisamente para iso, para ser irreverente. A denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo é tan ridícula que non tería maior importancia se o xulgado de Instrución nº 3 da Coruña non abrise as pescudas, ameazando así un ben tan prezado como a liberdade de expresión. Seguir lendo Escándalo →