Arquivo da categoría: Ensaio

Da emoción na arte

606px-Van_Gogh_-_Starry_Night_-_Google_Art_ProjectFidel Vidal. Thomas Wolfe nunha das súas novelas relata: “Alguén sae pola mañá e sente un aire fresco; chégalle un olor de calquera cousa, digamos que de pan tostado: hai un complexo de sensacións”. Ou olor a herba cortada, a coiro, cuarto pechado, a cocido de marisco, a fume. “Que devén cando morre o que o experimenta? Ou cando fai outra cousa? Que devén?”. A arte dá unha resposta. Seguir lendo Da emoción na arte

Os gremios de Noia durante o medievo

Os gremios desenvolveron unha intensa actividade comercial no casco histórico de Noia
Os gremios desenvolveron unha intensa actividade comercial no casco histórico de Noia

Xerardo AgraFoxo. Grazas ás laudas do cemiterio de Santa María de Nova e ás ordenanzas dos Foros de Noia, podemos coñecer os principais oficios que se desenvolvían no Portus Apostoli nos tempos do medievo: mercadores (comercializaban o peixe e os seus derivados), mestres de naos (eran os patróns ou oficiais das embarcacións), mariñeiros (participaban como navegantes de altura no comercio naval), peixeiros Seguir lendo Os gremios de Noia durante o medievo