Pastor Rodríguez. Moi pouco coñecido no Barbanza, Francisco Carantoña naceu en Muros o 4 de abril de 1923. Químico de carreira, dedicouse ao xornalismo, á crítica de arte e á narrativa. En 1954 publica en Madrid un estudo sobre periodismo, El Siglo Futuro, pero vai destacar, sobre todo, como narrador, xeira que comeza en 1965 con Memorias del peregrino Tell, editada en Xixón, aínda que a súa obra máis famosa será La libertad de los tejones, Madrid, 1975. Como crítico de arte especializouse en pintores asturianos e en 1964 saca do prelo en Xixón Nicanor Piñole. Vida, obra y entorno del pintor e aínda en 1971 lle dedicará unha nova monografía, Nicanor Piñole. Seguir lendo Francisco Carantoña, narrador e crítico de arte →