Arquivo da categoría: Ensaio

E a dor a transitar polos país dos soños

DarioXohanCabanaPilar Sampedro. E a dor a transitar polo país dos soños”, foi a idea que me zumbou ao saber da morte de Darío Xohán Cabana. Porque ninguén quixera a terra tanto coma el, nin sequera Artur que a deixara perderse, entre orgullo e desvarío.

Volver a Galván en Saor é traelo de novo a esa gran ficción que bebe na materia de Bretaña e da fonte de Cunqueiro. Trasladar os cabaleiros á nosa toponimia, poñer a Merlín a residir entre nós, levar a Galván a Saor Seguir lendo E a dor a transitar polos país dos soños

A vida incerta, de Montse Fajardo

9788482895451Xerardo AgraFoxo. Entre un emocionado limiar de Tareixa Navaza (A vida, sen memoria, está soa) e un preciso epílogo da autora, coñecemos a vida de Virginia Pereira, unha muller extraordinaria (A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao). A través destas apertadas páxinas sabemos da súa orixe burguesa, do seu noivado e voda (1912) co autor de Cousas e das súas andainas por Rianxo, Santiago e Pontevedra. Tamén das doenzas do seu home, por culpa dun desprendemento de retina, e da tráxica morte do seu fillo no ano 1928. Logo virán acontecementos doutra natureza, vinculados co seu ideario político e o comezo dunha guerra civil que os levou ao exilio cara a París, Nova York e Arxentina Seguir lendo A vida incerta, de Montse Fajardo

Miguel Hernández, 2 contos

AA8.tmpFidel Vidal. Dar con esta obra causou en min fonda emoción e unha sensación de tenrura. Trátase de do libro de Miguel Hernández 2 cuentos. A editorial Palas Atenea de Madrid presentou en 1988 unha edición numerada en dous volumes, como un díptico. O primeiro vén asinado por José Carlos Rovira baixo o título Últimas ausencias para un neno (Algunhas notas a dous contos traducidos por Miguel Hernández) no que, ademais de reproducir os contos, fai unha análise comparativa coa poética de Hernández; e o segundo volume é un exemplar en edición facsímile dos “2 cuentos”, “inéditos, traducidos e ilustrados por Miguel Hernández”. Seguir lendo Miguel Hernández, 2 contos